Amicos recibe un premio europeo polo seu proxecto Remar III

30 Maio 2023

A asociación da nosa comarca Amicos foi distinguida co Premio Sky Blue que concede a entidade europea EU4Ocean Coalition. A entidade inclusiva recibiu o dito recoñecemento polas importantes contribucións e implicacións do proxecto Remar III.

O premio foi entregado a Amicos este 25 de maio na Bretaña francesa, en Brest, no marco das xornadas EMD 2023 (European Maritime Days), de mans da coalición EU4Ocean. No dito certame (premios MakeEuBlue) quíxose distinguir proxectos que contribúan a incrementar o coñecemento da cidadanía sobre os mares e os océanos, e incrementar a sensibilización sobre a importancia dos recursos mariños, a súa preservación, e a contribución que podemos facer todas e todos para garantir a sustentabilidade.

“Estamos moi orgullosos dos nosos axentes do cambio en Amicos, e tamén moi agradecidos por este premio a todas as entidades que colaboran na preservación e na mellora da nosa contorna costeira, do compromiso pola conservación e a mellora da xestión ambiental con buque azul”, fixeron saber fontes da asociación da nosa comarca, engadindo que “este recoñecemento anímanos e inspíranos a continuar neste esforzo para protexer os nosos océanos”.

Por certo que a área de Pekes de Amicos tamén recibiu a certificación EuBlueSchools, co que a asociación pasa a integrarse na rede europea de colexios comprometidos dende a educación para difundir mellores prácticas e hábitos para a preservación dos mares.

Sobre Re-Mar III
Re-Mar III foi a terceira edición do proxecto de Amicos que pon o foco na protección ambiental mariña a través da formación, as accións a pé de praia-costa e o emprego sustentábel.

Durante a súa execución leváronse a cabo 5 pílulas formativas relacionadas co mar, nas que se formaron 110 persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. En portos deportivos, praias e centros educativos realizáronse máis de 50 accións de sensibilización coas que se conseguiu concienciar a máis de 5000 persoas.

Nas accións de limpeza realizadas participaron máis de 500 escolares, 120 traballadores do mar e 80 voluntarios de empresas, e logrouse retirar máis de 1 tonelada de lixo.

Os activistas ambientais de Amicos realizaron 34 limpezas, 2 delas en caiac e outras 2 de fondos mariños con mergulladores.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...