Afundido na zona das Azores o palangreiro Lajes do Pico, con base en Ribeira

31 Maio 2023

Antón Luaces.- Nas primeiras horas do venres podería chegar ao porto de Ponta Delgada, na illa de Sâo Miguel, no arquipélago dos Azores, o palangreiro de A Guarda Algamar, a bordo do que viaxan os 12 tripulantes do tamén palangreiro Lajes do Pico afundido o martes pola tarde a pouco máis de 300 millas (fóra da Zona Económica Exclusiva de Portugal) ao norte da illa das Flores. Entre os náufragos (maioría de cidadáns indonesios) atópase o patrón do buque, un ribeirense que leva varios anos desempeñando esta función. O afundimento foi  causado por unha vía de auga a popa  producida, ao parecer, polo rebentón dunha chapa.

Por máis que a tripulación do Lajes do Pico fixo por achicar a auga que entraba no barco non daban feito, motivo polo que activaron a radiobaliza do pesqueiro, emitindo unha petición de axuda e rescate captada pouco despois das 07,30 horas do martes no Centro de Busca e Salvamento de Ponta Delgada, que mobilizou varios buques de salvamento, pesqueiros (entre estes tres palangreiros guardeses) e mercantes na zona, así como unha aeronave da Forza Aérea lusa.

Os 12 tripulantes do pesqueiro afundido foron rescatados polo palangreiro guardés Algamar (pertencente á organización ORPAGU) após varias horas de permanencia na balsa salvavidas que arriaran previamente.

O pesqueiro Lajes do Pico, con bandeira de Portugal e base en Ribeira (o armador tamén é de Ribeira) afundiu pouco despois das catro da tarde do martes. Ten 30 metros de eslora e 7 de manga e fora construído no ano 1999 para se adicar á captura de peixe espada, ollomol, mero e pescada.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.