Absolven a un pai de Ribeira de abusar sexualmente da súa filla

19 Maio 2023

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, absolveu a un pai de Ribeira que estaba acusado dun delito continuado de agresión sexual sobre a súa filla menor de idade.

O home fora acusado de aproveitarse dos momentos nos que quedaba a cargo da pequena para agredila sexualmente. A acusación destacaba que isto ocorrería cando a menor tería seis ou sete anos e estendeuse no tempo ata que ela cumpriu os once anos de idade.

Os maxistrados da Audiencia Provincial han resaltado que “esta Sala non considera probadas as afirmacións realizadas pola acusación”. Sinalan que nestes casos depéndese sobre todo da declaración da vítima e que esta durante a súa declaración “negouse a compartir o sucedido cos psicólogos, pero tamén con outras persoas, como as testemuñas e distintos profesionais que interviñeron no proceso terapéutico.”

Tamén sinalan os xuíces que varios das testemuñas destacaran que a menor cambiaba frecuentemente a súa versión dos feitos, aínda que os psicólogos peritos argumentaron que non percibiran contradicións, só evasivas.

“A proba de cargo examinada non é suficiente para destruír a presunción de inocencia e para alcanzar a convicción de que os feitos denunciados correspóndense co realmente ocorrido”, conclúen.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...