A rapazada do Grupo (Ribeira) coñeceu de primeira man as (moitas) vantaxes de consumir peixe

30 Maio 2023

A Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira (OPP83) levou a cabo este martes 30 de maio, no CEIP O Grupo, un gran encontro participativo e divulgativo para reivindicar ante a rapazada os beneficios de consumir peixe. A Xornada do Mar de Ribeira celebrouse con alumnas e alumnos de quinto e sexto de Primaria. A cita artellouse arredor de tres obradoiros onde as/os protagonistas tiveron a oportunidade de ampliar os seus coñecementos sobre a pesca e os beneficios do peixe para levar a cabo unha alimentación e vida saudábel. Ademais, as nenas e os nenos gozaron dun snack de lirio en tempura.

Os talleres foron os seguintes: unha entrevista ao armador de arrastre da OPP83 a través de preguntas dos nenos (o armador explicou como é o seu día a día e a vida dun empresario do mar na actualidade), unha sesión divulgativa sobre hábitos alimenticios saudábeis coa bióloga María Abal (que brindou unha charla onde deixou en claro as razóns polas cales é importante o consumo do lirio e os beneficios que ten o peixe no noso día a día) e unha campaña publicitaria (onde os máis pequenos debían deseñar e desenvolver anuncios coa finalidade de promocionar o consumo do lirio de Ribeira, unha actividade na que quedou patente a creatividade e o bo facer dos pequenos).

Na xornada tamén participaron profesionais da hostalería mostrando ante o alumnado diferentes xeitos de preparar peixes e mariscos, poñendo o foco no gran protagonista da sesión: o lirio.

Foi, en palabras dos responsábeis da Cooperativa Santa Uxía, “unha mañá chea de anécdotas e diversión onde, a través do xogo, os máis pequenos puideron coñecer máis a fondo un dos piares económicos do concello: a pesca, e descubrir tamén todos os beneficios que a día de hoxe ten o peixe para poder realizar unha dieta rica, sa e saudábel.

Esta acción, incluída no Plan de Produción e Comercialización (PPyC) anual 2023, ten como obxectivo dar a coñecer a actividade da Cooperativa Santa Uxía de Ribeira – OPP83 e tamén incentivar o consumo de peixe entre os máis pequenos da casa.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.