A Pobra reforza a separación na orixe cun punto limpo móbil nas escolas

04 Maio 2023

O Concello da Pobra do Caramiñal anunciou a ampliación do servizo da separación na orixe. Fíxoo cun punto limpo móbil nas escolas que complementa o itinerante polo rural e o punto limpo situado no polígono da Tomada. A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo, explicou este xoves 4 de maijo que esta acción dirixida á rapazada busca concienciar sobre o respecto pola natureza dende idades temperás e que, deste xeito, o exercicio de reflexión se estenda aos núcleos familiares.

Esta nova prestación consiste nun remolque con nove espazos independentes para o depósito de residuos de pequeno formato: tóner e cartuchos de tinta, CD/DVD, pequenos xoguetes de plástico, lámpadas, tubos fluorescentes, aparellos electrónicos, pilas e baterías, aerosois e pequenos electrodomésticos.

As rutas e as súas frecuencias distribúense da seguinte maneira: CEP Salustiano Rey Eiras (primeira semana de cada mes), CEP Pilar Maestú Sierra (segunda semana), Monte Carmelo (terceira semana) e inmediacións do CAD (cuarta semana). Ademais, permanecerá neste último espazo en períodos vacacionais. A este respecto, a técnica municipal do Medio Ambiente, Beatriz González, engade que así tamén pode facer uso del a veciñanza do núcleo urbano.

Agora mesmo atópase no CEP Salustiano Rey Eiras. O director deste centro de ensinanza, José Delgado, ratifícalle o apoio da comunidade educativa que representa a este tipo de iniciativas que encaixan nos numerosos proxectos medioambientais nos cales participa o colexio.

O investimento destinado a este punto limpo móbil ascende aos 8.566’80 euros, IVE incluído, a cargo das arcas municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.