A Pobra celebra a Semana das Letras cunha xincana infantil, unha xornada tradicional, obradoiros e un festival

15 Maio 2023

A programación do Maio das Letras Galegas prosegue na Pobra do Caramiñal para lle render unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego neste 2023. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que para esta semana están proxectadas unha xincana infantil, unha xornada tradicional, unha serie de obradoiros e un festival. Trátase dunha axenda, segundo apunta a edil, pensada especialmente nas novas xeracións e cun papel significativo do tecido asociativo para “poñer en valor as nosas letras.”

O concurso Na procura das Letras Galegas daralle continuidade ao programa no día 16, a cargo de Barafunda Animación e destinada ós colexios da primaria, a partir das 10.00 horas, polas prazas e rúas.

Nesa mesma xornada, a Biblioteca Municipal Victoriano García Martí acollerá a proposta Xogando a reciclar, da man de Fanny Medio Ambiente, das 18.00 horas en diante.

Un dos pratos fortes chegará o propio 17 de maio con Ronsel de verbena. Dende as 11.00 deica as 14.00 horas, as prazas do núcleo urbano converteranse nun punto de encontro coa cultura: haberá un percorrido guiado, escenas costumistas, música, bailes, cantos e desfile de traxes tradicionais. Todo isto grazas á implicación de Caramiñas, Eiradela, Arrancadeira, Xiada, Ruadiña e o Museo Valle-Inclán. Os espazos elixidos son o adro da igrexa do Castelo, os xardíns de Valle-Inclán, a praza de Maura, a praza de Galicia, a praza Victoriano García Martí e a praza do Cantón da Leña.

Arrancadeira achega uns obradoiros de maios no día 19. O etnógrafo e folclorista Carlos Rey Cebral impartirá a parte teórica na aula de estudo situada na planta superior da Biblioteca Municipal para afondar máis sobre esta tradición. Iniciarase ás 19.00 horas, se ben xa se estará preparando todo arredor das 18.30 horas. Deseguido, levaranse á práctica os coñecementos adquiridos. Efectuarase no Cantón da Leña, onde se realizarán catro maios para decorar as catro prazas que serán escenario no día 20 do festival Bailando ás flores, que lle porá o broche de ouro ó cartel. Este espectáculo itinerante desenvolverase a partir das 19.30 horas na praza do Cantón da Leña, praza de Maura, praza de Rosalía de Castro e Xardíns de Valle-Inclán. Pretende contribuír a divulga-la nosa música e baile tradicional. Ademais da actuación de Arrancadeira, contarase coa participación de Xiada, Ruadiña, Abeloura e A Pinguela de Bama.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.