A patronal de Ribeira ponse en loita para evitar que se desmantele a actividade do Xulgado local nº3 con competencia en violencia de xénero

26 Maio 2023

Este venres 26 de maio a Asociación de Empresarios enviou un escrito á Subdelegación do Goberno da Coruña e á Consellería de Xustiza mostrando a ambas entidades o seu rexeitamento á creación dun Xulgado de Violencia de Xénero en Santiago. Ademais, o presidente da patronal ribeirense, Francisco Martínez Gude, mantivo unha xuntanza co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, no que lle fixo entrega do devandito escrito. O titular do organismo provincial comprometeuse a analizar o caso e a informar á asociación do que pode facer dentro das súas competencias. A patronal sostén que a creación dun Xulgado exclusivo de Violencia de Xénero con sede en Santiago de Compostela pero con competencia territorial ao Partido Xudicial de Ribeira “non supón ningún beneficio para as vítimas desta lacra de Ribeira e o seu partido xudicial, como tampouco para as súas familias e para os procesados”.

No escrito a asociación explica que a posta en marcha do xulgado “supoñería privar á cidadanía de Ribeira e, en xeral, á poboación da comarca do Barbanza dun servizo público esencial do que dispoñen á porta de casa para ter que trasladarse a setenta quilómetros, a outra cidade coa que o único medio de transporte que nos une é un autobús que emprega entre hora e media e dúas horas e cuarto en cubrir a distancia”. Isto, indican, suporía “máis custo económico, máis distancia, afastamento da xustiza das vítimas de Ribeira, especialmente daquelas que se atopen en situación de incapacidade, falta de medios, que carezan de apoio familiar ou que conten con menores ao seu cargo que non poidan deixar con ninguén”.

No comunicado a patronal engade que a medida “non repercute nunha mellora cualitativa da atención nin dos medios respecto a os que actualmente dispón o Xulgado de Instrución e Primeira Instancia número Tres de Ribeira con competencia en materia de Violencia de Xénero”. Tampouco supoñerá, engaden, unha mellor atención e maiores vantaxes para a vítima con domicilio neste partido xudicial, porque o Xulgado que se pretende crear acabará colapsado ao absorber todos os asuntos derivados de violencia de xénero dos partidos xudiciais de Santiago, Negreira, Padrón e Ribeira, unha poboación total de 193.377 habitantes, dos cales 101.495 serían mulleres, con domicilios en Negreira, Santiago, Padrón, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira”.

A patronal tamén expresa o seu temor de que as vítimas “acaben abandonando o procedemento ou simplemente que decidan non denunciar ante os atrasos, as horas de espera (poida que en soidade), a longa viaxe etc”.

E remata: “Non podemos esquecer que o Partido Xudicial de Ribeira engloba ao propio municipio, xunto cos da Pobra do Caramiñal e Boiro, cunha poboación total censada de 55.105 habitantes, contando ademais Ribeira cun dos portos de baixura máis importantes de Europa, polo que, ao anterior, úneselle unha poboación flotante con residencia temporal vinculada, fundamentalmente, ao traballo no mar. Nestes tres municipios lévase a cabo unha importante actividade empresarial, ata o punto de que ten un dos niveis máis baixo de paro de toda Galicia, chegando a facturar as cen empresas máis importantes da zona a suma de 2.428 millóns de euros, no ano 2021 (primeiro ano tras a pandemia) ao que hai que engadir un importante sector de hostalería e comercio. A forza económica e poboacional do partido xudicial ten o seu reflexo na administración, e así existe unha Delegación da Consellería de Facenda e outra da de Pesca en Ribeira, oficinas do ISM en Pobra e Ribeira, un INSS en Ribeira, un Hospital, o do Barbanza e outros organismos públicos que prestan servizo directo aos cidadáns e entre eles, os tres Xulgados de Primeira Instancia e Instrución. A consecución da aproximación da Administración á cidadanía de Ribeira foi á conta dun esforzo continuo e sostido no tempo por parte de toda a sociedade da nosa cidade, e non podemos permitir o desmantelamento dos servizos públicos nun retorno á centralización; volver aos tempos en que para realizar un trámite había que desprazarse fóra da nosa cidade. A Asociación de Empresarios de Ribeira estará sempre coa aproximación dos servizos ao cidadán e en contra da centralización e por so rexeitamos a creación dun Xulgado exclusivo de Violencia de Xénero con sede en Santiago de Compostela pero con competencia territorial estendida ao Partido Xudicial de Ribeira”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...