A parroquia do Araño conéctase á traída municipal

10 Maio 2023

O Concello de Rianxo informou este luns 8 de maio do comezo as obras que conectarán á rede pública as primeiras vivendas da parroquia do Araño. Ao longo da estrada AC-305 a empresa Simal está a realizar unha actuación de douscentos vinte metros de canalización que comunicará a rede proveniente de Outeiro en Taragoña coa zona da Casilla, xa no Araño.

Esta actuación, financiada con fondos propios do Concello, conecta a rede existente desde A Casilla coa obra realizada baixo as beirarrúas da estrada autonómica, para chegar á recta do Araño e na que o Concello se anticipou dispoñendo xa das tubaxes necesarias. “Con este tramo en execución”, explicaron fontes do Consistorio, “permitirase tamén abastecer ás vivendas da aldea da Casilla, cunha actuación posterior incluída no Plan Único da Deputación e que xa conta cos permisos para atravesar a estrada autonómica e dar servizo a toda a aldea, coa conseguinte reposición da zona afectada polas obras”.

A duración prevista é dunha semana de obras e dará cobertura a unhas dez vivendas directamente da marxe dereita da estrada (dirección Ribeira). Trabállase tamén un proxecto de conexión co depósito de Taragoña de toda esta rede o que a dotará de maior potencia e caudal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.