A Marea de Noia reúnese no Congreso con Antón Gómez-Reino e Juantxo López de Uralde

11 Maio 2023

Manolo Seijas, José Romarís e Elena Abeijón, integrantes de A Marea de Noia, participaron en varias xuntanzas no Congreso dos Deputados en Madrid onde trataron a necesidade de implicar ao Goberno central na paralización do vertido de auga contaminada da Mina de San Finx que, nas súas palabras, “poría en risco toda a explotación de berberecho e ameixa da ría de Noia”. Dende A Marea indicaron que “a presa podería ser unha competencia estatal en materia de seguridade”.

Por outra banda Seijas aproveitou a xuntanza para reclamar máis axilidade ao ISM en canto á tramitación dos ceses de actividade. “Dende marzo aínda non se resolveron e os traballadores e traballadoras do mar levan sen percibir o cese dende hai máis de dous meses”, explicou. Gómez Reino comprometeuse a enviar unha carta ao ISM da Coruña para reclamar unha maior axilidade e interesarse pola situación.

Por outra banda tamén se reclamou a necesidade dun protocolo en canto á apertura da presa do Tambre. “A falta do mesmo”, comenta o grupo noiés, “fai que a salinidade descenda fortemente e aumenta a mortandade do bivalvo de forma drástica”. O deputado Juantxo López de Uralde reclamará ao MITECO que tome cartas no asunto para que esta situación non se produza.

E para finalizar Seijas explicou a necesidade de actuación sobre a Ría de Noia, indicou que se precisa de fondos do Goberno Central para levar a cabo un saneamento integral da mesma, así como un proceso de recuperación de espazos produtivos”. Neste eido os deputados de Unidas Podemos asumiron o compromiso de que nos vindeiros orzamentos do estado se habilite unha partida especifica para tal finalidade.

A Marea fixo un balance positivo das diversas xuntanzas, que “sen dúbida servirán para resolver problemas importantes para o Concello de Noia”, sinalaron.

Outros artigos

Resultados “Eleccións Europeas 2024-2029”

O vello continente votou esta fin de semana, entre o 6 e o 9 de xuño, segundo o país. España votou este domingo con escasa participación cidadá. A partir das 23 horas comenzarán a coñecerse os resultados unha vez Italia peche os colexios electorais. Mentres a Unión...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.