A finca de Goiáns acolle a I Feira Agroforestal os días 12 e 13 de maio

05 Maio 2023

O Concello de Boiro, coa colaboración do alumnado do Obradoiro de Emprego en XestiónFforestal, organiza a I Feira Agroforestal que terá lugar o vindeiro venres 12 e sábado 13 de maio no Pazo de Goiáns. Os obxectivos desta proposta son “promover o traballo realizado polo alumnado na contorna do Pazo, promover o comercio local e poñer en contacto a distintos sectores vinculados co eido forestal”.

Durante as dúas xornadas haberá na contorna do Pazo de Goiáns unha exposición de maquinaria, presentacións de novidades de marcas comerciais, un simulador forestal, postos con información sobre obradoiros de emprego ou ciclos formativos no eido forestal, actividades culturais para a rapazada, talleres e outras actividades.

Entre as actividades que se van desenvolver nestes dous días en Goiáns están exhibición de poda, obradoiro de cultivo de seta, demostración de extracción de resina ou taller de apicultura. Entre as actividades haberá tamén percorridos guiados pola finca e mesas redondas.

O venres 12 ás 19.00 horas haberá unha mesa nomeada O Co2 como novo activo forestal. Certificacións forestais e o sábado 13 á mesma hora Posibles aproveitamentos forestais para as CMVMC.

A feira estará aberta venres e sábado de 10.00 a 21.00 horas e o acceso é libre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.