“A excepción que confirma as regras” – Manuel Domínguez

08 Maio 2023

A excepción que confirma as regras.

Os fillos como mazás de maceira.

Están todas as pólas da maceira alimentadas pola mesma terra, pero unhas mazás son máis vermellas, outras máis verdes ou pálidas, pero todas reciben a mesma alimentación, todas do mesmo tronco.

Así dos catro fillos só un e de forma tanxencial cumpre a regra.

Cada espazo do fogar que houbese lugar esta ocupado por un andel de libros, centos e centos de libros, podería dicir miles, pois a partir de mil podo usar o plural.

Hoxe xa avó, gastou, investiu, dez anos da súa vida en distintas facultades.

Dos seus catro fillos e fillas só un e case por supervivencia seguiu a paso de boi o camiño do hoxe avó.

Din e creo niso, ao fin non abandono ese pensamento, que os fillos imitan aos pais, que o que ven en casa, é básico para o futuro.

Repetindo a imaxe da maceira, o froito dá as ramas a mesma alimentación, pero cada rama vai por libre, se ti dis vermello, eu verde.

Na infancia, na nenez, os fillos adoitan imitar aos pais, pero cando están a voar ou case fóra do niño, o ambiente pesa, pesa e ás veces afoga.

Como pai, podes, debes sentirte fracasado, eu penso que non, fixeches todo o posible, pero cada cal igual que os mastros dos veleiros cada cal aguanta a súa vela.

Cando caen fóra do niño, cada quen vai tomando o seu camiño na súa liberdade, se posúe esa liberdade.

E ante os avatares da vida cada quen ten diferente resposta, os irmáns non son fotocopias uns doutros.

Os teus fillos non son os teus fillos son fillos e fillas da vida desexosa de si mesma. Non veñen de ti, senón a través de ti e aínda que estean contigo non che pertencen… Podes darlles o teu amor, pero non os teus pensamentos, pois, eles teñen os seus propios pensamentos. Podes abrigar os seus corpos, pero non as súas almas, porque elas, viven na casa do mañá, que non poden visitar nin sequera en soños. Podes esforzarte en ser como eles, pero non procures facelos semellantes a ti porque a vida non retrocede, nin se detén no onte. Ti es o arco do cal os teus fillos como frechas vivas son lanzados. Deixa que a inclinación na túa man de seteiro sexa para a felicidade.

Khalil Gibran.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.