A Deputación convoca o XV Premio Andrés Gaos de composición musical

04 Maio 2023

A Área de Cultura da Deputación da Coruña vén de abrir a convocatoria do XV Premio Andrés Gaos de composición musical, un certame bianual que quere recoñecer o nome do músico e compositor coruñés e acrecentar a gran tradición musical da provincia e do país. Dotado con 6.500 euros para a obra gañadora, o prazo de admisión de orixinais rematará o 30 de xuño.

Poderán participar todas aquelas persoas que non obtivesen o premio nos cinco anos anteriores e que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade en ningún outro premio ou certame. O modelo orquestral máximo para a execución das obras (recoméndase que teñan unha duración de entre 10 e 20 minutos) será o seguinte: 2 frautas, 2 oboes, 2 clarinetes, 2 fagots, 4 trompas, 2 trompetas, 2 trombóns, 2 percusionistas, 8 violíns primeiros, 8 violíns segundos, 6 violas, 6 violonchelos e 4 contrabaixos.

Admitiranse estes instrumentos de vento de madeira (tamén como instrumento auxiliar): frauta, frautín, frauta contralto, oboe, corno inglés, clarinete, clarinete baixo, fagot, contrafagot. Así mesmo, é posible unha distribución de só cordas.

As obras presentaranse, preferentemente, en soporte dixital USB/CD, e xunto coa plica serán enviados á Deputación da Coruña, Avda. Porto da Coruña 2, 15003 A Coruña, indicando no sobre “XV Premio “Andrés Gaos” de Composición Musical”.

Ramón Humet Cordech, coa obra In the distance, en 2021; Álvaro Núñez Carbullanca, con Vía, en 2019; Manuel Martínez Burgos, con Daivat, en 2017; Eduardo Lorenzo Prieto, con Liquid Image, en 2015; e Xavier Pagés i Corella, con Desde el fondo del espejo, en 2013, foron os gañadores nas últimas cinco edicións.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.