A Aula CeMIT de Boiro formará a cidadanía en facturación con Factusol, redes sociais e Calc (este mes e xuño)

22 Maio 2023

A Aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos formativos para o mes de xuño: un total de tres, a disposición da cidadanía, das empresas e dos profesionais. As inscricións están abertas e poden facerse na propia Aula CeMIT do Centro Social de Boiro. As actividades programadas para este mes de xuño xirarán arredor do programa de facturación e xestión empresarial Factusol (a impartir entre o luns 5 e o xoves 13 en horario de 10.00 a 13.00 horas); a xestión das redes sociais e o concepto de community management (entre os días luns 14 e xoves 22 de xuño en horario de 10.00 a 13.00 horas); e a folla de cálculo Calc, que será entre o 26 e 29 de xuño de 10.00 a 12.30 horas.

As inscricións están abertas e pódense facer na propia Aula CeMIT, mediante o enderezo electrónica axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.