
Os actos enmarcados no maio Cultural de Aguiño rachou con todos os rexistros anteriores xa que dende 2005 nunca tiveran unha asistencia tan grande, foron máis de 300 as persoas que presenciaron o espectáculo de Peter Punk “Peor Imposible” pero ao longo da xornada, case un milleiro de persoas poideron participar dos inchables, a xornada de debuxo infantil, os refrescos e bebidas frías e a música que tivo lugar de 16 a 20 h; de feito, as 150 huchas conmemorativas preparadas para a ocasión, esgotáronse na primeira hora da xornada de debuxo; tamén se sortearon 5 lotes de libros en galego entre todos os participantes, xa que se entregou unha rifa a cada un.

A Asociación quere agradecer a participación masiva da xente, xa que tiveron persoas de todos os pobos da contorna e incluso un grupo de alumnado de Portugal que estaba de visita no noso municipio. Queren tamén agradecer a colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira, da Deputación da Coruña e de empresas como Conresa, Combutibles Puebla, Farmacia Mariño ou Digar de Artes.
Na organización de todos os actos estiveron os directivos da asociación Francisco Lorenzo Mariño: Carmen Sampedro, Josefa Suárez, Pilar Millet, Teruca Sampedro, Sara Reiriz, Elvira Pisos, Moncha Sampedro, María Dolores Ayaso e Unai González.


