“28-M, cuestión de sentido común/ Tit” – Carlos Moledo

22 Maio 2023

As eleccións municipais a que estamos convocados este domingo teñen unha especial relevancia no transcorrer da vida cotiá. Afastadas do protagonismo e trasfego das máis importantes urbes -mesmo denominadas como “prazas”, utilizando a máis pura terminoloxía castrense- estes 15 días de campaña son aproveitados a torto e a dereito por partidos de toda condición e ideoloxía -mesmo por aqueles que se proclaman e enorgullecen como carentes da mesma- para mostrar sen andrómenas os avances que -algúns din- conseguiron para a súa sociedade.

A este monótono proceso electoral pódese engadir os matices e condicionantes que cada político e a súa concepción da política considere oportunos, xa fose a creación e expansión dun indiscriminado alarmismo social, a imperiosa necesidade de vivir baixo o pesado xugo da burla e a descualificación do opoñente ou mesmo a inmoral e aireada atribución de obras e infraestruturas que nada teñen que ver con eles e, moitísimo menos, coa súa xestión. Cuestións non afastadas do piadoso escrutinio público que as urnas nos ofrecerán este domingo. Data na que a Igrexa lembra a vinda do Espírito Santo sobre os Apóstolos (Domingo de Pentecostés) e data que nós esperemos lembrar como o día no que algunhas e algúns representantes públicos baixen do seu particular e excelso Olimpo a esta prosaica e común terra de mortais, afastados todos do día a día do Concello.

As eleccións municipais versan sobre o porvir da vida política do concello; é dicir, valorar -positiva ou negativamente- a actividade pública dos encargados da dirección política do consistorio. Comparar a capacidade duns para atraer importantes investimentos doutras administracións, o seu esforzo, traballo e innegable dedicación á causa local, e por outra banda -con algún infiltrado no tándem oposición e goberno- as peculiares e perigosas prácticas doutros, onde o descrédito, a mentira consentida e a crispación social son a feroz base de toda a súa actitude na cousa pública. Unha sinxela ecuación que han de resolver os cidadáns a través do seu -sempre ben elixido- voto.

É pois responsabilidade principal do conxunto da cidadanía elixir os seus representantes. Escoller a opción útil dos claros exemplos dunha boa xestión municipal ou deixarse levar por meras cuestións ideolóxicas, que o único que pretenden é agruparse nun inmenso grupo de perdedores, coa finalidade de tentar silenciar o forte clamor popular que pide certezas e ganas de seguir traballando. Elixir entre válidas persoas con criterio, non a falabaratos. Optar por persoas cabais, non a quen se fundamenta na mentira. En definitiva, escoller a quen está disposto a respectar ao contrario, non a quen se dedica á descualificación permanente, e, en fin, a quen ten a capacidade de autocrítica como para saber que non se pode facer todo nun día.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...