Vía libre para a base anti-incendios de Rianxo

18 Abril 2023

A xunta de Goberno do Concello de Rianxo deu vía libre á solicitude presentada pola Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta de Galicia, na que se solicitaba licenza municipal para as obras contidas no Proxecto Básico e de Execución de Base Integrada de Unidades Operativas (BUO) de Rianxo. Como lembraremos, este proxecto vaise desenvolver nunha parcela de equipos no Parque Empresarial cedida polo Concello de Rianxo a Medio Rural e implicará a construción dunha base contra incendios forestais permanente no que é a primeira base operativa na comarca.

O proxecto presenta un orzamento de 441.391,55 euros un prazo de execución de seis meses. Entre os obxectivos deste equipamento inclúese o de converterse nun espazo adicado á defensa do monte, pero tamén nunha contorna referencial (medioambiental e construtivamente falando) no Parque Empresarial de Rianxo, en parte “polos materiais empregados e en parte por minimizar o impacto da edificación prevendo futuras ampliacións”, explicou o Concello, engadindo que do que se trata é de” xerar un contedor de servizos de protección forestal, que poda funcionar como nodo de todos os axentes participantes neste labor, favorecendo a conciliación entre descanso e traballo dos brigadistas, pero sen esquecer a integración nunha contorna tan sensíbel”.

O Concello apunta que para reducir ao mínimo o impacto da edificación, optouse por fragmentar o seu volume, “en tres ás diferenciadas”, unha aberta, e outras dúas consistentes nuns volumes pechados. O Consistorio tamén destaca o uso do castiñeiro e piñeiro como elementos construtivos ou a cuberta axardinada ou as cores que se empregarán.

Outro dos mecanismos de integración é a inclusión de parasois emparrados e que voan sobre a paisaxe, minimizando o impacto da solleira na área de comedor e de descanso.

Pegada de carbono negativa

Ademais de procurar unha construción quilómetro cero, empregando sistemas construtivos e materiais de proximidade, coa construción en madeira, obtense unha pegada de carbono negativa.

Ademais da propia construción, a eficiencia enerxética en tódalas instalacións, con sistema de climatización por aerotermia, recuperadoras de calor, e sistemas de control e regulación para as luminarias LED.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.