Tráfico aumenta esta semana os controis de velocidade nas estradas da comarca

19 Abril 2023

A DXT puxo en marcha unha campaña de vixilancia de velocidade, polo que a Garda Civil de Tráfico intensificará os controis dinámicos ata o domingo. Desde o instituto armado destacan que se prestará especial atención ás autoestradas e autovías, sen esquecer as estradas convencionais.

Ata o domingo será máis probable a presenza de radares móbiles nas estradas barbancesas. A DXT ten identificadas varios con tramos a vixiar. Entre eles atópase a autovía, na que ademais hai instalados catro radares fixos, dous en sentido crecente e outros tantos no decrecente.
En total, son máis de cen quilómetros da rede os que estarán baixo a lupa de Tráfico na comarca. Destaca a AC-305, concretamente no traxecto entre Ribeira e Boiro, onde xa se produciron accidentes nos que se rexistraron vítimas mortais.

A DXT ten marcados case 65 quilómetros, entre Muros e Ribeira, nos que non se descartan patrullas circulando e realizando controis de velocidade. A vixilancia extrémase nas conexións entre Noia e Santiago, tanto no corredor, onde xa hai un radar fixo no termo municipal de Rois, como na AC-543, con dous tramos diferenciados. Por unha banda están seis quilómetros que separan Santiago de Ames, e logo outros 24 que transcorren entre este concello e Noia.

Nesta ocasión hai que sumar que a Policía Local de Rianxo tamén participará nesta campaña vixiando os viais do municipio. Para iso contará cun vehículo cedido pola DXT e que está equipado con todos os medios técnicos necesarios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.