Todo preparado para o comezo (este venres 28) da Campaña do Día da Nai da ABE

27 Abril 2023

A ABE (Asociación Boirense de Empresarios) xa ultimou os detalles da súa nova iniciativa de dinamización comercial: a Campaña do Día da Nai da ABE, que ten como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada.

Nesta ocasión os clientes que realicen as súas compras entre o 28 de abril e o 7 de maio e rexistren os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularán o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo.

Durante todo o ano o cliente acumula o 10% do importe do tícket pero durante esta campaña será o 20%.

A ABE lembra que os puntos pódense cambiar por vales de compra (100 puntos por 5€) ou por premios como maletas, carros da compra, auriculares bluetooth, cargadores sen fíos e moitos premios mais.

Na web da ABE está tanto o catálogo como a aplicación para rexistrar os tíckets.

Sorteo de bonos ABE

Ademais, entre todos os tíckets rexistrados durante estas datas sortearanse dous bonos ABE de 50€ cada un para utilizar en calquera dos negocios asociados. Estes premios duplícanse se os agraciados contan co carné de familia numerosa.

Esta campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...