Todo listo para unha nova edición do Fálame Sempre en Boiro (este xoves 20)

19 Abril 2023

Boiro vai retomar este xoves 20, da man da ABE e o Concello, unha nova edición da iniciativa de dinamización comercial Fálame Sempre, logo da pausa prolongada motivada pola pandemia. “Trátase dun dos eventos máis agardados da programación anual da nosa asociación empresarial”, sinalan dende a dirección da ABE, engadindo que estamos ante unha sobranceira cita de innovación cos sectores locais que nesta nova andaina seguirá apostando polo formato PechaKucha (metodoloxía na cal exponse unha presentación de maneira sinxela e informal mediante 20 diapositivas mostradas durante 20 segundos cada unha).

Estes son finalmente os participantes:

Mancomunidade Barbanza Arousa

IXP Terra de Barbanza e Iria

Restaurante Moanin

Patrimonio Industrial

Festivais para un territorio

A ABE lembra que a entrada é libre e gratuíta pero que é preciso reservar asento xa que o aforo limitase a 80 butacas do salón de actos da ABE onde ao remate servirase un pincho.

Mancomunidade Barbanza Arousa

É unha entidade pública local de ámbito supramunicipal, creada en 1974 para mancomunar servizos entre os concellos que forman a comarca do Barbanza (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira), situados na zona norte da ría de Arousa (provincia da Coruña).

No 2002 a Mancomunidade céntrase nun dos seus obxectivos, o turismo, implantando accións para consolidar Barbanza Arousa como un destino turístico diferenciado e de calidade dentro do panorama nacional e internacional.

Na actualidade, Barbanza Arousa fortaleceuse como destino grazas, en boa medida, á súa posta en valor mediante a colaboración e sensibilización co sector empresarial e a poboación local.

Fatima Cachafeiro, xerente da entidade, explicará o traballo que están desenvolvendo e sobre todo os contidos do novo plan de sostibilidade turística que acadou unha financiamento de 1,5 millóns de euros dos fondos Next Generation

IXP Terra de Barbanza e Iria

Documentos eclesiásticos do século XVII, cando estas terras pertencían ao arciprestado de Iria, sinalan que “todo alcanza muy buena tierra de pan trigo, mijo, centeno y viñas en que se recoge razonable vino”.

Atópanse referencias en diferentes fontes históricas ata o século XIX, cando xa Rosalía fala en Follas Novas das “albariñas uvas” no seu poema ¡Terra a nosa!: “¡Ouh miña parra de albariñas uvas, / que a túa sombra me das! […] / ¡Xa non vos deixo, que as angustias negras / lonxe de min se irán!”.

A zona baixa do litoral norte da ría de Arousa mais o leito inferior e desembocadura do río Ulla configuran esta comarca costeira onde case a totalidade da superficie dedicada ao cultivo de viñedos atópase por debaixo dos 150 m sobre o nivel do mar, con suaves pendentes de orientación sur, protexidas pola serra do Barbanza, que achegan condicións idóneas para obter viños equilibrados e harmoniosos, con excelentes expresións aromáticas e boas características de conservación.

Para falarnos de viño, cultura e territorio contaremos coa presencia de varios dos bodegueiros adscritos a esta IXP.

Restaurante Moanin

Cocina feita con produtos de “proximidade” pero cun carácter viaxeiro, unha procura de sabores auténticos adquiridos da experiencia: do profundo respecto ao produto e cun punto de creatividade. Moanin nace do desfrute e a paixón de degustar sabores e comidas do mundo co el obxectivo de sorprender ao cliente. Desde una perspectiva autodidacta Luisma e Mirian, os propietarios que serán quen acompañe á ABE na presentación, entréganse en corpo e mente ao que máis lles gusta para que seus visitantes desfruten de momentos especiais e únicos a través da cociña.

Patrimonio Industrial por Iria Caamaño

Unha parte importante da estratexia turística proposta para a comarca do Barbanza refírese a posta en marcha dun museo da conserva, para profundar sobre este tipo de recursos contaremos con Iria Caamaño, Doutora en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade da Coruña.

A súa carreira académica, ata o ano 2020, compaxinouna cunha andaina profesional que suma máis de 10 anos de experiencia e que estivo enfocada, principalmente, ao ámbito da comercialización e intermediación turística, así como á consultoría, o cal, sen dúbida, enriqueceu enormemente o seu perfil científico e docente.

Actualmente, é profesora do Departamento de Socioloxía na Facultade de Turismo da Universidade da Coruña, onde imparte docencia en Grao e Máster. As súas principais liñas de investigación céntranse no impacto e papel do turismo no desenvolvemento local desde a súa ampla visión.

Festivais para un territorio

17° Ribeira Sacra Festival, Esférica Rioja Alavesa e Nómade Alcusses-Alforins forman parte da familia de Festivales Para Un Territorio.

Estes tres festivais celébranse en territorios con diferente orixe e linguas diversas, pero todos teñen algo en común: a súa riqueza patrimonial, artística, histórica e vinícola, con grandes perspectivas de desenvolvemento.

Cada evento está deseñado a medida do seu territorio, cultura e riqueza, e en todos eles teñen cabida a música, o arte, a terra e a gastronomía. Neles encontrarás música en directo en escenarios singulares, unha selección coidada da mellor gastronomía elaborada con produtos locais e de calidade e un entorno privilexiado que admirar.

Para falar da experiencia completa contarase coa presenza do promotor dos festivais, Carlos Montilla.

Outros artigos

Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...