“Sentencias xustas” – José Manuel Pena

13 Abril 2023

A maior parte da cidadanía non se cansa en lembrar de que a Administración Tributaria, case sempre, limítase a comprobar, inspeccionar ou requirir documentación ás pequenas empresas, traballadores autónomos ou ben a empregados por conta allea. Case nunca se lembran das grandes empresas. Un bo amigo comentábame, non hai moito tempo, que “en España as grandes empresas non pagan nin un céntimo de euro”, ou como máximo o 3% dos seus beneficios. Todo debido á enxeñería financeira, por contar co asesoramento dos mellores economistas, asesores fiscais e financeiros. Non lle falta razón.

A pesar de todo, de cando en vez, a cidadanía lévase algunha que outra alegría dos Tribunais de Xustiza que poñen no seu lugar algúns argumentos inxustos esgrimidos pola Administración Tributaria. Así sucede cunha Sentenza do Tribunal Supremo pola cal “as herdanzas recibidas mediante pactos sucesorios entre vivos (inter vivos) non tributan no IRPF”. A Administración Tributaria optaba por considerar que as achegas de herdanza, en vida, eran consideradas como ganancias patrimoniais, cos consecuentes prexuízos económicos para moitas familias. Nalgunha comarca hai contribuíntes que tiñan que facer fronte a pagos de preto de 20.000 euros, por este tipo de transmisións, considerados agora non lucrativas, cando non estaban nin obrigados a presentar a declaración da renda por non chegar aos ingresos mínimos.

Que vai pasar, agora, cos contribuíntes que tiveron que pagar esas cantidades desorbitadas que non lles correspondían? Vai ter carácter retroactivo? Ao final como sempre…, non. Polo menos é importante lembrar que o propio Tribunal Económico Administrativo Rexional de Galicia estaba xa fallando contra a A.E.A.T ao entender que os pactos sucesorios de mellora e apartamento do Dereito Civil de Galicia non tributaban no IRPF.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.