Ribeira acolle esta fin de semana a Copa Deputación de balonmán na rúa  

26 Abril 2023

Instalarase na praza do Concello unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos

Participarán 24 equipos de nenas e nenos entre os 6 e os 11 anos

A Copa 5×5 Deputación da Coruña – Balonmán na Rúa leva o balonmán ás rúas de sete concellos da provincia, nun  proxecto dirixido a nenas e nenos de 6 a 11 anos, que se achegarán ao balonmán dunha forma lúdica e divertida.

Ribeira  será esta fin de semana a sede dunha nova xornada do torneo, no que compiten 24 equipos de nenos e nenas entre os 6 e os 11 anos.

“Estou segura de que levar este deporte á rúa fará que moitos nenos e nenas o descubran e se animen a practicalo. A nosa idea é crear un evento importante para que a xente goce do espectáculo do balonmán, onde temos unha gran canteira con deportistas”, afirmou a deputada de Deportes, Cristina Capelán.

Para o torneo disporase na praza do Concello unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.

A pista disporá de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas, emisión en directo en streaming e dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas serán protagonistas.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.