Rianxo rende homenaxe este 1 de maio á xente do mar

30 Abril 2023

O Concello de Rianxo vai celebrar ao grande a festividade deste luns 1 de maio (Día do Traballo), homenaxeando a un colectivo que lle toca de preto: o da xente do mar. A axenda de actividades inclúe unha ofrenda floral (ás 11.30 horas), no parque Galicia e na honra das persoas falecidas e afogadas no mar, con acompañamento musical do Grupo de Gaitas Río de Anxo. Algo máis tarde, ás 12.00, está previsto realizar unha ofrenda floral marítima a carón da Capela de San Bartolomeu, cunha misa cantada a cargo da Coral Abraia en homenaxe a todas as persoas que deixaron a vida no mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.