Rianxo acolle este sábado un concerto do trío formado por Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido

19 Abril 2023

Este sábado, 22 de abril, ás 20h30, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto De não saber o que me espera, a cargo do trío galego Nacho · Faia · Lar, que é como se coñece a unión entre Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido. Presentarán un repertorio do artista portugués Zeca Afonso, nunha actuación que combina elementos tradicionais, vangarda e experimentación.

A cantante Faia Díaz mostrará unha visión artística especial sobre as cancións seleccionadas do artista portugués, creando unha dimensión contemporánea e transgresora, coa axuda da experimentación electrónica do recoñecido músico vigués Nacho Muñoz e a batería do investigador sonoro Lar Legido. “A presentación promete ser un diálogo musical transfronteirizo que vai máis aló do espazo-tempo”, explican dende a Área de Cultura do Concello de Rianxo.

A entrada é de balde ata o límite da capacidade da sala (máximo de 2 entradas por persoa) e os convites deben ser retirados unha hora antes do comezo do concerto.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.