Rescatadas tres persoas na praia do Vilar, en Ribeira 

08 Abril 2023

Entre os rescatados, un menor, que foi o primeiro en necesitar axuda.

Tras de si, un adulto, que se bota á auga para axudalo, e un surfista que, coa súa táboa, ofrécelles un punto de apoio ata a chegada dos rescatadores do Servizo de Gardacostas de Galicia a bordo do Pesca I.

Por fortuna, todos saíron da auga conscientes e só dous, o menor e o adulto reciben asistencia médica no Hospital do Barbanza, onde os depositou o helicóptero e onde agardaba unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 co fin de ofrecer os primeiros coidados.

Un rescate que reuniu na Praia do Vilar, en Ribeira, un amplo operativo por terra, mar e aire, desde unha embarcación de Salvamento Marítimo ata un avión e un helicóptero do mesmo organismo, e efectivos do grupo local de emerxencias e Protección Civil e axentes da Policía Local e Nacional.

As chamadas de bañistas ao 112 Galicia ás 17:40 horas desta tarde serviron para poñer en marcha este operativo, cuxo obxectivo era o rescate dun menor incapaz de voltar á beira pola acción de arrastre do mar. Tras de si, acudiu un adulto na súa procura, que axiña quedou na mesma situación, e un surfista que achegou a súa táboa, onde permaneceron ata a chegada dos rescatadores do Pesca I do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.