Publicada a aprobación das actuacións de mellora de paradas de autobús nos concellos de Dodro, Padrón, Rois e Santiago entre outros

10 Abril 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da aprobación do proxecto das actuación de mellora da accesibilidade e conectividade de 63 paradas de autobús situadas nas estradas autonómicas dos concellos de Dodro, Padrón, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vedra. 

Estas intervencións céntranse en actuar no ámbito das rutas de acceso á cidade de Santiago polo sur, nun total de oito estradas autonómicas (AC-241, AC-242, AC-301, AC-307, AC-453, AC-543, AC-841 e AC-960).  Estas actuacións suporán un investimento autonómico de máis de 1,9 M€, tendo en conta o pagamento dos 52 predios necesarios para levar a cabo as intervencións. A superficie de expropiación definitiva é de 2.183,71 m2. 

A publicación hoxe no DOG recolle o acordo aprobado na reunión do Consello da Xunta do pasado 23 de marzo, no que tamén foi autorizado o trámite de información pública deste proxecto. No seguinte enlace pode consultarse a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230410/AnuncioG0181-300323-0001_gl.html. 

Posteriormente, o pasado día 31 de marzo iniciouse a contratación das actuación, coa licitación das obras por importe de máis de 1,86 M€. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 27 deste mesmo mes de abril, co obxectivo de poder comezar os traballos no outono. 

O detalle das intervencións

En concreto,as actuacións aprobadas permitirán intervir na mellora  de 2 paradas en Dodro; 2 en Padrón; 7 en Rois; 8 en Santiago; 34 en Teo; e 10 en Vedra.

Os traballos proxectados suporán o acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas. Tamén se prevé a instalación de novas marquesiñas, ademais de actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer aos usuarios aí onde poida haber desniveis. 

No marco destas intervencións, en primeiro lugar, priorízase a localización óptima destas infraestruturas, en tramos rectilíneos e con visibilidade, en treitos nos que a pendente da estrada é menor, próximas aos itinerarios accesibles e en zonas iluminadas. 

As obras que se acometerán nas paradas consistirán en melloras do equipamento, como a dotación de marquesiñas, postes, bancos ou apoio isquiático. 

Tamén se levará a cabo a mellora da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil. 

As actuacións incluirán medidas de seguridade, procedendo á eliminación de vexetación, á mellora da visibilidade e da iluminación ou á ampliación do espazo arredor das paradas. 

Ademais, as intervencións proxectadas polo departamento de Infraestruturas da Xunta prevén o reforzo da información e da sinalización, colocando planos de situación e percorridos ou sinais indicativos das paradas. 

Como resultado da información pública, no proxecto definitivo que publica hoxe o DOG adoptáronse varios cambios co obxectivo prioritario de mellorar a funcionalidade e diminuír a afección, en especial, a accesos e a prazas de aparcadoiro.  

Así, modificouse o deseño nun total de 7 paradas para adaptalas mellor á contorna. En concreto, estas modificacións inclúen variacións nunha parada en Urdilde; outra en Pontevea; nas de Cacheiras-Gardería e Cacheiras; nunha parada en Fontenla Campos; noutra no cruce de Sarandón; e na que se corresponde con Trobe 2. 

Ademais, elimináronse do proxecto tres paradas: unha en Pontevea, outra en Samil e a terceira en Rois, dado que para súa mellora resultaba necesaria unha excesiva afección.  

Estes proxectos están financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea–Next Generation EU e enmárcase no Plan de infraestruturas da Xunta para unha mobilidade segura, verde e intelixente. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.