
Este sábado 15 de abril o Partido Galego ven de facer a presentación da candidatura a alcaldía de Ribeira no Ateneo Valle-Inclán do Bar Plaza. Neste acto participaron Álvaro Filgueira (secretario de comunicación), Suso Ares(coordinador xeral), Óscar Casais(secretario local), Sandra Rodríguez (membro da candidatura) e Moisés Domínguez candidato á alcaldía de Ribeira.
Álvaro Filgueira encargouse da presentación dos poñentes e Suso Ares fixo unha intervención na que introduciu os piares básicos do partido relacionando a necesidade de ter un partido forte para Galicia co desenvolvemento dos municipios galegos, como no caso de Ribeira.
Posteriormente interveu o número dous da candidatura, Óscar Casais. Na súa intervención falou da falla de capacidade de xestión do actual goberno municipal que levou a este concello a unha situación de atraso arraigado década tras década.
Finalmente interveu o candidato a alcaldía de Ribeira, Moisés Domínguez Rodríguez.
Na súa intervención Moisés Domínguez presentou a lista electoral, que está formada polas seguintes persoas.
- Moisés Domínguez Rodríguez. Oleiros.
- Óscar David Casais Montemuíño. Artes.
- José Manuel Martínez Muñiz. Ribeira.
- Andrea Domínguez Arca. Castiñeiras.
- Sandra Rodríguez Casais. Carreira.
- Nicolás Muñiz Brión.
- Francisco Javier Fontenla Pouso.
- Emilio Quintela Reino.
- Pilar María Ribas Pérez.
- Ana Belén Bargiela Rego.
- David Costas Fidalgo.
- José Manuel Tomé Martínez.
- Roberto Vidal Martínez.
- Oumayma Said Noqra.
- Ana María Costas Fidalgo.
- Alberto Bargiela Rego.
- Joaquín Rodríguez Casais.
- Antonio Mariño Pérez.
- María Manuela Rodríguez Ageitos.
- María del Pilar Maneiro Sampedro.
- Susana María Filgueira Rego.
Suplentes - Juana Ageitos Cameán.
- Rubén Darío Domínguez Rodríguez.
Posteriormente, o candidato presentou o cartel electoral e o lema de campaña, expoñendo as liñas principais do programa electoral co que se presentará aos comicios do vindeiro mes de maio.
Algunhas das súas propostas foron, dotar a Ribeira dunha alameda, construír unha nova biblioteca municipal e unha residencia de maiores, rematar a estación de autobuses, mellorar o centro de saúde de Ribeira e dotar dun médico a tempo completo o centro de saúde de Corrubedo.
O partido ven de facer nestes últimos meses un importante traballo parroquia por parroquia, recollendo todas as inquedanzas dos veciños, que se concretarán nun programa electoral amplo, claro e solvente.
Finalmente o candidato a alcaldía expresou o seu desexo e ilusión por conseguir unha Ribeira mellor pensada para todos os seus cidadáns.



