Portos de Galicia e o Concello de Noia avalían as opcións de ordenación da fachada marítima

01 Abril 2023

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, contratou a un estudo arquitectónico a redacción dunha proposta preliminar de ordenación arquitectónica da fachada marítima de Noia. O obxectivo deste labor é “aportar unha concepción global dos espazos para desenvolver a chancela portuaria de Labarta, no municipio”, segundo fixos saber a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha reunión de traballo co Concello de Noia e o estudo de arquitectura adxudicatario dos traballos e que se celebrou esta semana na zona portuaria da localidade, xuntanza na que participou o alcalde Santiago Freire.

Neste encontro expúxose a proposta de ordenación encargada polo ente público. Ao remate da reunión, Lenguas destacou que houbo coincidencia plena na importancia do porto de Noia como espazo para dar acubillo a eventos de toda índole (culturais, deportivo) que se vezan potenciados coa habilitación dun aparcadoiro acorde.

En relación coa chancela portuaria de Labarta, Susana Lenguas explicou que “Portos de Galicia busca que a solución que se presente contemple en detalle as necesidades actuais e manteña coherencia coa contorna da fachada marítima”. Para isto, dixo, “é necesaria unha perspectiva xeral do espazo baseada na ordenación, integración paisaxística, mellor aproveitamento da superficie portuaria e posta en valor da franxa litoral do municipio”.

Lenguas engadiu que as posibilidades de mellora desta “franxa terían en conta a necesidade de preservar ou ata ampliar as zonas de aparcadoiro de turismos e autobuses, e á vez farían compatíbel ese uso cunha ordenación da xeometría dos espazos que permita mellorar a vista cara ao mar ou integrar novos elementos mantendo a coherencia visual”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.