“Pode ser que algún sexa un gran día” – Antón Luaces

17 Abril 2023

Con salarios que son tan mínimos que sobra o peto no que, no pantalón de cada quen, os rapaces da miña quinta gardabamos as motas que nos sobraban das cinco pesetas (un peso) que nos daban os pais para irmos ao cine e comprar na de Juanita unhas castañas asadas para comer no “descanso” da película de turno no cine de Moraña, en Ribeira. Con eses salarios, digo, non hai mozo que abandone a casa paterna antes dos corenta anos. 

Obviamente, con tal panorama, a única saída que as novas xeracións teñen en España non é outra que compartir vivenda con unha ou máis persoas, feito que nos leva á tan criticada imaxe dos “pisos patera” nos que cidadáns doutros países terceiros -nomeadamente chineses, latinoamericanos, marroquís e subsaharianos, entre outros- vivían e viven nunhas condicións lamentables cando non infrahumanas. Pero é que aos nosos fillos non lles queda outra: con salarios que, en moitos casos, só chegan aos 1.000 euros mensuais grazas a que lles prorratean as dúas pagas extraordinarias, e o aluguer de vivendas que só con moita imaxinación podes cualificar de tales  e sen se parar en detalles concretos, a renda mensual a pagar por este aluguer  non baixa, decote, dos 400-450 euros. A estes deben sumarse non menos de 150 euros (auga, luz, gas) e xa estamos nuns gastos fixos  mensuais de máis ou menos- 600 euros. Con que comen. como se visten?.

Tres cuartos do mesmo pasa cos pensionistas e xubilados (que en bo número de casos non chegan aos 800 euros cada mes, máis as pagas  “extra” de xuño e decembro). 

Todos estes casos obrigan a cavilar en como poden vivir os citados colectivos de cidadáns españois?. 

E volta o carro na eira: compartir vivenda, algo que a non todo o mundo  satisfai. Pero é que tampouco resulta de gusto ter 30 ou máis anos e depender de que teus pais te acollan  na súa vivenda. E onde van vivir os pensionistas e xubilados que tampouco dispoñen de vivenda de seu ou en aluguer que poder pagar?. 

Esta semana disque vai ser decisiva para o plan de vivenda que o Goberno aprobou e tenta pór en marcha canto antes.

É un compromiso gobernativo.

O presidente do Executivo español, Pedro Sánchez, dixo que este era o seu obxectivo: elevar o parque público de vivendas en España desde o 3% ata o 20% do total. E engadiu que o que quere é “que España sexa un país que teña o 20% de vivenda pública”. 

Este incremento, segundo o líder do PSOE, garantiría unha maior accesibilidade sobre todo dos xoves á vivenda e polo tanto baixaría a súa idade media de emancipación. Amais, incrementaría a oferta de vivenda pública, co que servirá para “amortiguar e controlar” mellor a evolución do prezo total da vivenda en España.

Oxalá non sexa un soño. Porque a onde van ir parar os xubilados e pensionistas, os asalariados con 50 ou máis anos que non se poden acoller á prexubilación de ningún tipo e nin sequera teñen dereito a unha pensión non contributiva? .

Difícil -por non dicir imposible- solución a estes problemas da vivenda que, curiosamente, a Obra Sindical da Vivenda e Franco -líbreme Deus de defendelo- foron amañando. E déixoo claro: meu pai foi adxudicatario dunha desas vivendas que aínda hoxe se coñecen como “casas baratas”. Eramos catro fillos (familia numerosa) e meu pai, funcionario non franquista senón todo o contrario. 

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.