O coñecido xornalista Paco Lobatón visitou os días pasados o Concello de Rianxo para presentar un novo proxecto de traballo arredor das familias de mariñeiros e traballadores do mar en xeral desaparecidos no mar.

Acompañado do xornalista Suso Souto, foi recibido na Casa do Concello polo alcalde Adolfo Muíños e a tenente de alcalde, Mari Carme Figueira, xunto ao Sr. Galbán, impulsor da homenaxe que todos os primeiros de maio se fai aos finados no mar en Rianxo.
Desde o Concello se lle ofreceu toda a colaboración para impulsar un proxecto solidario en favor das vítimas de accidentes no mar e, especialmente dos desaparecidos e as súas familias.




