Os socialistas de Boiro lamentan que o Partido Popular e IC Boiro bloqueen o pago de facturas a empresas locais

01 Abril 2023

Os socialistas de Boiro lamentan o bloqueo do pago de facturas polo voto en contra do Partido Popular e IC Boiro no Pleno ordinario celebrado o pasado xoves. O secretario xeral da agrupación local, Luis Ruiz,
explicou esta mañá as consecuencias desta coalición para bloquear o cobro de traballos realizados por proveedores.
O goberno local presentou no Pleno ordinario do mes de marzo un expediente de modificación de crédito para o pago de facturas a proveedores mediante o remanente de tesourería do ano 2022. “Presentamos unha proposta para un pago de 2 millóns de euros en facturas mediante o aforro do
ano 2022, e aínda nos quedarían 1,6 millóns de aforro para facer outras inversións”, afirmou o Secretario Xeral da agrupación. Entre as facturas pendentes de pago hai combustibles, gasto de luz e outros servizos. “Estas facturas pendentes débense, na súa ampla maioría, a subida de prezos que se deu no ano 2022 e que non estaba contemplada no último orzamento aprobado”, resaltou Ruiz. No ano 2019, cando os socialistas de Boiro chegaron á alcaldía, había facturas sen pagar por importe de 1,5 millóns de euros da xestión do PP. “A diferencia e que, naquel momento, non se contaba con ningún tipo de aforro co que poder facer fronte ao pago a proveedores e entendemos que o mais responsable era pedir un crédito e
pagar aos nosos empresarios e empresas, todo o contrario do que fai agora o Partido Popular”.
Para bloquear o pago a proveedores, que non ten outra finalidade que intentar desacreditar a xestión do goberno, o Partido Popular valeuse da muleta de IC Boiro, igual que vén facendo nos últimos Plenos. “IC Boiro está a cambiar completamente a orientación do seu sentir e do apoio na investidura do actual
alcalde, deixando a un lado a todos aqueles votantes da esquerda que depositaron neles a súa confianza para un cambio. En vez de defender o sentir dos seus votantes, alíanse coa dereita e son a muleta do Partido Popular para defender os seus intereses.
Os socialistas de Boiro demandan agora que o Partido Popular “pida desculpas públicas ás empresas e empresarios que deixaron sen cobrar polo seu voto en contra”. Demandan tamén que “nos digan como e cando arranxar esta desfeita. Os cartos seguirán reservados para afrontar o pago desas facturas”. Por ultimo, o secretario xeral, fixo un chamamento a que os militantes do Partido Popular reflexionen “se apoian a liña que está a seguir esta nova dirección, encabezada polo señor García Diéguez. Unha dirección que non ten ningún sentimento de responsabilidade institucional”.

Outros artigos

A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis

"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na presentación do LXXXI Campionato de España de Bateis que terá lugar no 27 e 28 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...