A Casa da Cultura de Boiro vai acoller esta finde a representación do espectáculo infantil Onde viven os monstros. Será o venres 14 de abril, na Casa da Cultura, a partir das 20.00 horas.
Trátase da adaptación teatral dunha das grandes obras literarias infantís das pasadas décadas: Onde viven os monstros, de Maurice Sendak. A función, producida por Urdime, está recomendada para nenas e nenos maiores de 4 anos. A adaptación teatral foi levada a cabo pola Compañía Os Náufragos. O elenco está formado por Gustavo de Río e Victoria Teijeiro.
Sinopse
O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai cansa desta situación decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba. Onde viven os monstros é una peza inspirada no clásico da literatura infantil, de Maurice Sendak, considerado álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual trazando un fiel retrato da infancia.




