O pleno de Dodro aprobou os Orzamentos de 2023 e a cesión gratuíta dos cemiterios de San Xoán e San Xián

25 Abril 2023


Na tarde do martes 18 de abril desenvolveuse o último pleno ordinario do mandato no Concello de Dodro, unha sesión que, en palabras dos grupos de Goberno, “amosou unha vez máis a unidade das tres agrupacións do Executivo ao longo dos catro anos da lexislatura”, e na que non compareceu a oposición.

Entre os moitos puntos a tratar, as tres agrupacións destacaron a resolución da cesión gratuíta dos terreos que ocupan os cemiterios ás respectivas asociacións de propietarios dos cemiterios de San Xoán de Laíño e de San Xián de Laíño. “Con esta resolución”, explicaron os integrantes do Goberno local, “púxose remate a un conflito xerado durante o anterior mandato do PP”. E engadiu o concelleiro Xoán Bautista Mariño: “Cremos sinceramente que co acto plenario de hoxe damos boa resposta á veciñanza. Cumprimos coa nosa palabra de goberno e tamén serve este acto para dar as grazas ao persoal que arrimou o ombreiro neste caso.”

O outro punto a importante do día foi a aprobación do Orzamento Municipal que para este
ano 2023 ascende a 2.734.011,34€. Das contas, os grupos salientaron o incremento significativo en
servizos sociais, área na que desenvolveu o seu traballo o BNG, que pasou dos 693.884,79€ en
2018 aos 820.89,28€ para 2023, un 57,67% máis.

Todos os puntos tratados neste último pleno ordinario contaron co voto favorábel do BNG e
dos outros dous grupos de Goberno.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.