O pleno da Corporación de Boiro debaterá a solicitude de adscrición da Casa do Mar de Cabo de Cruz para o Concello

25 Abril 2023


A Corporación boirense debaterá no vindeiro pleno a adscrición da Casa do Mar de Cabo de Cruz para poder rehabilitar o edificio, adecualo a levar a cabo nel actividades para fins sociais, culturais e de ocio. Segundo lembra o grupo do Goberno, “na actualidade o uso do inmoble está en mans da Tesourería Xeral da Seguridade Social e, con esta adscrición, pasaría a mans do Concello durante un período de 20 anos”.

A Casa do Mar de Cabo nunha imaxe de arquivo do Xornal Certo

O Concello de Boiro fai saber tamén que a Administración local mercou o edificio da Casa do Mar de Cabo de Cruz, situado no Porto e no ano 1986 cedeuno ao Instituto Social de la Marina (ISM) por un período mínimo de 30 anos. O ultimo uso que tivo o edificio foi o de consultorio e na actualidade atópase “sen actividade e nun estado de degradación”.

O obxectivo deste proposta é “recuperar a actividade e que o edificio poida ser de uso e desfrute da veciñanza”.

Para iso proponse para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno a solicitude ao Ministerio de la Seguridad Social de adscrición da Casa do Mar de Cabo de Cruz en favor do Concello de Boiro e poder levar a cabo obras para a rehabilitación e uso do inmóbel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.