O Museo do Gravado de Artes inaugura o 21 de abril unha mostra que nos achega á obra de Colmeiro coa técnica da punta seca

13 Abril 2023

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar este mes de abril a exposición Colmeiro. Punta seca. A apertura oficial da mostra será o vindeiro venres 21 de abril, na Sala 0 do Museo do Gravado, a partir das 20.00 horas.

Neste acto faráselle entrega ao representante da Deputación da Coruña e ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodriguez, do estoxo cos 48 gravados á punta seca realizado a partir das matrices orixinais do artista cedidas pola familia. Todos os gravados e as súas matrices poderán verse na exposición. Está prevista a asistencia dos familiares de Manuel Colmeiro.

Esta exposición poderá visitarse do 21 de abril ao 30 de xuño de 2023.

Manuel Colmeiro é considerado un dos grandes protagonistas da renovación artística galega do primeiro terzo do século XX, xunto con Carlos Maside, Arturo Souto, Fernández Mazas ou Luís Seoane. Da obra de Colmeiro dixo o rianxeiro Rafael Dieste: “Colmeiro, pintor, fala en galego, que é un dos modos fondos, leais e verídicos de falar en español” e Carlos Maside. “Galicia ten un pintor, tan seu, tan representativo nesta arte como o foi, quizais, Rosalía na lírica”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.