O Museo do Gravado de Artes acolle a mostra “Colmeiro. Punta seca”

22 Abril 2023

Baixo o título Colmeiro. Punta seca, o Museo do Gravado de Artes, en Ribeira, acolle unha mostra con obras do artista silledense centrado na súa faceta de gravador, en cuxa inauguración esta tarde participou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. 

Na súa intervención, o titular de Cultura da Xunta de Galicia reivindicou o carácter “internacional, cosmopolita e contemporáneo” de Manuel Colmeiro, un dos artistas galegos máis representativos de comezos do século XX. Román Rodríguez agradeceu ao Museo do Gravado de Artes a organización desta mostra que descubre “unha faceta menos coñecida da súa creación como son os gravados á punta seca”.  

Segundo sinalou o conselleiro, esta exposición “é un acto de xustiza” que complementa a visión pictórica de Galicia que o pintor plasmou na súa obra, a través da cal “foi quen de xuntar as correntes da visión cosmopolita coa nostalxia da terra e o rural galego, cun especial protagonismo para a figura da muller”.A mostra, que pode visitarse ata o día 30 de xuño, está composta por 48 pezas orixinais do artista, algunhas delas que se expoñen por primeira vez ao público. Posteriormente itinerará a Vigo e á Casa de Galicia en Nova York.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...