O Espazo Familias de Boiro aborda este mércores a problemática da comunicación entre adolescentes, proxenitores e profesorado

10 Abril 2023

Ao abeiro do programa Espazo Familias desenvolvido pola comunidade educativa local en colaboración co Concello, o Centro Social de Boiro vai acoller este mércores 12 de abril (ás 18.00 horas) un encontro informativo e divulgativo sobre as principais problemáticas de diálogo que existen hoxe en día entre os membros de diferentes xeración dunha mesma familia e, tamén, nas propias contornas docentes.

Trátase dunhas xornadas sobre como mellorara comunicación familiar no marco do programa Espazos Familias (obradoiros destinados a proxenitores, preadolescentes de 8 a 12 anos e adolescentes (máis de 13 anos). Será impartido por Anabel Mosquera (pedagoga, formadora e experta en adiccións), Jaime Bello (educador social) e Alba Pérez (educadora social e directora de Exeria).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.