O Concello de Lousame entrega á Cruz Vermella de Noia os 1.095 euros recadados na Andaina Solidaria por Turquía e Siria

03 Abril 2023

A concelleira de Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo, vén de entregar ao presidente da Cruz Vermella de Noia, Emilio Insua Pazos, un cheque simbólico por 1.095 euros correspondente ao recadado na Andaina Solidaria polas persoas afectadas polos terremotos de Turquía e Siria, celebrada o pasado domingo 13 de marzo. Unha iniciativa solidaria organizada polo Concello de Lousame a proposta das dúas voluntarias europeas, Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, xa de volta na súa Turquía natal.

Silvia Agrafojo estivo acompañada polos técnicos de Cultura, Teresa Baluja e Eduardo Agraso (ausente na foto, xa que foi quen a fixo); o técnico de Deportes, Germán Romero; e Juan Montero, en representación do voluntariado local de Lousame Así mesmo, agradeceu a participación da Cruz Vermella de Noia no propio desenvolvemento da andaina.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.