O Concello de Lousame colabora coa Asociación Valores de Galicia para ofrecer acompañamento de balde a maiores de 60 anos

17 Abril 2023

O Concello de Lousame súmase ao programa gratuíto de acompañamento a persoas maiores de 60 anos posto en marcha na comarca pola Asociación Valores de Galicia, un programa financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, destacou que “se trata dun servizo de acompañamento durante as actividades da vida diaria e de ocio, dende ir a unha cita médica a achegarse á compra ou simplemente dar un paseo”. Segundo engadiu, este servizo “busca evitar a soidade da persoa, servirlle de apoio emocional e orientación como paso previo para incrementar a súa autoestima”.

As persoas maiores de 60 anos que desexen participar ou que precisen de máis información deben dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Lousame (981 82 04 94) ou directamente á Asociación Valores de Galicia (696 21 85 44).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.