O Concello de Boiro está executar unha serie de obras destinadas a dotar ao núcleo de Sobreiral de pluviais e o de A Poza de cunetas. Unhas actuacións dun orzamento total de 39.792,21 euros financiadas mediante o remanente de tesourería do ano 2021.

Segundo explica o Concello, o estado actual das pistas da contorna de A Poza e Sobreiral presentaba un mal estado xeral por esgotamento da vida útil do pavimento e non existen rede de saneamento de augas pluviais nas beiras da pista. As obras que se están a executar contemplan a limpeza das beiras das pistas, a formación de cunetas, a dotación da rede de saneamento de augas pluviais e a pavimentación da pista.
Na Poza estase a actuar nunha zona de 205 metros lineais e no Sobreiral nunha pista de 130 metros lineais nas que se está a executar a limpeza e apertura de cunetas, a dotación de rede de saneamento e pluviais e o acabado con pavimentación.



