O Concello de Boiro executa beirarrúas para unir o paseo marítimo coa avenida de Barraña

12 Abril 2023

O Concello de Boiro comezou as obras para a execución de beirarrúas en Barraña, concretamente na rúa Traballadoras do Mar, para mellorar a seguridade viaria de condutores e peóns no acceso á dita praia de Barraña.

En concreto as actuacións levaranse a cabo nun tramo de estrada que une o paseo marítimo coa avenida de Barraña, nunha intersección pola que, segundo lembra o Concello, “transitan numerosos peóns, sobre todo en época estival”. O obxectivo desta actuación é mellorar a seguridade viaria de condutores e peóns nunha estrada que é acceso á praia.

As actuacións desenvolveranse nun treito de xeito paralelo ao carril bici para continuar pola estrada que chega á dita avenida, unha zona de dobre sentido de circulación e na que xa se actuou para limitar o aparcamento pero pola que os peóns, en moitas ocasións, se ven obrigados a transitar pola estrada.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.