O BNG presenta iniciativas no Parlamento pedido a “urxente anulación” do proxecto de explotación da mina de San Finx

28 Abril 2023

Representantes do BNG nos municipios do ámbito da ría de Muros e Noia compareceron este venres 28 de abril no Freixo, en Outes, para amosar o seu rexeitamento á situación provocada pola autorización de Augas de Galicia do baleirado das augas que se atopan nas galerías da mina de San Finx para a súa posterior explotación.

A deputada responsábel de pesca e marisqueo no Parlamento, Rosana Pérez, lembrou “que desde a entrada do PP na Xunta, no 2009, se eludiu a necesidade de informe de impacto ambiental na autorización do proxecto da explotación da mina, e que o proceso estivo repleto de irregularidades”.
Pérez subliñou que “malia teren transcorridos 14 anos desde o comezo dun proceso fóra da legalidade e despois de que as Consellerías de Industria e de Medio Ambiente teñan recibido ducias de peticións, a Xunta nunca procedeu á revisión de oficio e á consecuente declaración de nulidade da Resolución do 28 de decembro de 2009, o que fai que a mina de San Finx continúe nunha situación de ilegalidade insustenábel e poñendo en risco a integridade da ría e dos seus bancos marisqueiros.”

Por iso, recalcou, “propoñemos estas iniciativas parlamentarias nas que instamos ao Goberno galego, entre outras medidas, a ordenar a suspensión da actividade do Grupo Mineiro San Finx mentres non se regularice a explotación conforme ao informe do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña de marzo de 2020, a obrigar á empresa concesionaria mineira a adoptar e executar as medidas de prevención, evitación e reparación de danos medioambientais que se establecen na Lei de Responsabilidade Medioambiental e a que no caso de omisión, retraso, resistencia ou obstrución por parte da empresa, inicie subsidiariamente a execución desas medidas con cargo ao patrimonio dos responsábeis subsidiarios.”

A coordinadora comarcal do BNG na comarca de Muros e Noia, Sol Agra, sinalou que “somos coñecedores de que as obras para a instalación da planta de tratamento das verteduras contaminantes xa comezaron, a pesar de que a proba piloto demostrou que non foi efectiva e de que esa instalación non vai garantir a eliminación dos metais pesados antes da súa chegada ao río”. E engadiu Agra: “É un absurdo e un despropósito o lugar onde a están construíndo, xa que por moi limpa que saíra a auga despois de pasar por esa planta, verte directamente nas balsas das escombreiras, que están cheas de augas absolutamente contaminadas, como se pode comprobar nos propios mapas aéreos da zona, nos que se observan augas que teñen cor turquesa como as do monte Neme”, engadiu.

Por outro lado, explicou Agra, “o aumento de caudal por riba do que xa leva o río no inverno e en época de cheas, pode facer que a xa deteriorada parede da presa acabe por rebentar si non se reforza ou restauran tal como levamos pedindo anos que se lle esixa á empresa”.

Pola súa parte, o portavoz nacionalista en Noia, Ricardo Suárez, instou ás alcaldías dos municipios da ría a que “sexan claros no rexeitamento da explotación en San Finx”. Ao respecto, Suárez afirmou “que non vale con levantar a man nun acordo plenario”. Para o portavoz nacionalista, “as incoherencias do Partido Popular segundo o foro no que falen deste asunto desacreditan totalmente aos seus representantes”. Por este motivo, Suárez pediu aos mandatarios que “digan claramente que se trata dun proceso que non cumpre coa normativa ao carecer de Declaración de Impacto Ambiental e contar con multitude de irregularidades e a que admitan a situación de risco que representa a situación das presas de residuos mineiros e requiran actuacións sobre a mesma como condición previa a calquera outra actuación neste ámbito”.

Outros artigos

Quico Cadaval, monólogo “Vacas, Guerras, Porcos e Cregos”

Quico Cadaval regresa aos escenarios para contar historias inesquecibles que mesturan vacas, curas, porcos, militares e veciñanza, todo aderezado co seu estilo único de narración. Este espectáculo de teatro da palabra transportaranos a un mundo de sucedidos cómicos e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

“Intervención e regulación” – José Manuel Pena

Hai que ser realista e non queda outra, ben a intervención e a regulación para poder garantir o dereito real a unha vivenda digna. As axudas do ICO ou o bono ao alugueiro non solucionan o problema da vivenda en España. Hai que intervir, como se fixo, no seu momento,...

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

“Muerte gestacional, perinatal y neonatal”. Inma Medina López

Hoy 15 de octubre, se celebra el Día Mundial de Concienciación sobre la Muerte Gestacional, Perinatal y Neonatal. El concepto de muerte gestacional abarca todas laspérdidas de hijos/as producidas durante el embarazo, y el concepto perinatal y neonatalaquellas...