O BNG pide o apoio do Parlamento galego para demandar ao goberno do Estado que retire os  Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM)

11 Abril 2023

A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez defendeu unha proposición non de lei solicitando o apoio do Parlamento para demandar ao goberno do Estado “a retirada dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM)”, aprobados recentemente no consello de ministros.

A deputada do BNG advertiu das consecuencias negativas  de implantar a eólica mariña nas costas galegas, sobre todo, para o sector pesqueiro e criticou que PP e PSOE “pasen de puntillas” nun debate social ante a proximidade das eleccións e para que “non se note de que lado están”.

En moitas ocasións, dixo, comprobamos a coincidencia de  PP e  PSOE sobre as “terríbeis e radicais políticas ambientalistas da UE”, sen embargo, non son tan contundentes á hora  de posicionarse en contra da implantación de muíños nas nosas costas.

Resulta chamativo, sinalou a nacionalista, ver como os que presumen de defender a ultranza a pesca galega aquí, tanto en  Madrid como en  Bruxelas,  sobre esta cuestión non son capaces  de apoiar ao sector pesqueiro, que rexeita  unanimemente os POEM  e unha “planificación enerxética feita a imaxe e semellanza da gran patronal eólica e das grandes empresas eléctricas”.

Na súa intervención, a deputada do BNG destacou a grande complexidade da plataforma continental galega, especialmente curta (entre 20-30 Qm) circunstancia que  o PP e o PSOE parecen ignorar, a pesar dos informes científicos.

Nesa  plataforma, engadiu,  concéntrase unha elevadísima densidade en canto ao seu aproveitamento produtivo pesqueiro e marisqueiro, o PP e o PSOE prefiren seguir utilizando eufemismos e falar dunha “coexistencia” entre sectores, e mesmo chegan a afirmar  que a  concentración de máis de 100 caladoiros de pesca non é razón suficiente para que o POEM considere a actividade pesqueira como de interese prioritario.

Por outra banda, se sinalamos os graves efectos no sector pesqueiro  en comarcas enteiras, PP e PSOE responden  co anuncio de miles, e “ficticios”, postos de traballo na industria  eólica mariña. E mentres  existen miles de postos de traballo que dependen directa e indirectamente do sector pesqueiro, vostedes apostan por “unha hipotética creación de emprego” que en  realidade, queda moi lonxe do que anuncian.

Rosana Pérez cualificou de “falaz” o argumento utilizado pola Xunta cando afirma que  “a liña vermella” é a afectación á pesca, cando coñece dabondo as críticas do sector e da propia ministra para a transición ecolóxica, Teresa Ribera.

“Se falamos de que para Galiza  hai unha previsión de ocupar  2.200 Qm.  cadrados en fronte as  nosas costas, “o 44% de todo o Estado”, por parques de eólica mariña, enriba do maior número de caladoiros de pesca e onde desenvolve a súa actividade principal a  frota pesqueira do Estado, o PP e o PSOE entenden que iso forma parte dunha irremediábel e inmodificábel transición ecolóxica. E se falamos de que o POEM só contempla as competencias atribuídas ao Estado e  anula as competencias de Galiza sobre  ordenación do sector pesqueiro ou de protección do medio ambiente, PP e PSOE non lle ven ningún problema porque no fondo coinciden en que onde van estar mellor as competencias que nas mans do Estado. Ah!, pero logo a Xunta, cando hai que facer campaña e xogar a culpar ao Estado de todos os males, “desvíese por defender as competencias propias e ata presenta un proxecto de lei de ordenación do litoral”. Isto é o mundo o revés, ironizou a nacionalista,  Rosana Pérez.

O seu posicionamento está claro. “Teñen asumido que a Galiza tócalle ser, unha vez máis, o que mande  Madrid e, por suposto, o que decidan as grandes empresas do IBEX” . A mostra máis evidente son as propias alegacións da Xunta ao proxecto de POEM, unhas alegacións  trufadas de  consideracións técnicas  sen  entrar  na consideración do sector pesqueiro como prioritario, a defensa de miles de postos de traballo, a riqueza que crea no país, e moito menos, a defensa do autogoberno galego.

 O BNG, recalcou a deputada,  “defende o sector pesqueiro, defende os nosos ecosistemas mariños e defende que Galiza teña voz  á hora de tomar calquera decisión sobre a ordenación do noso espazo mariño.

Tal e como se demostra nos propios POEM, e no aliñamento da Xunta e do Partido Popular ao recollido neses POEM, “a enerxía eólica que concibe o PP e o PSOE non é en beneficio e Galiza”, por iso, propoñemos a retirada do  POEM, tal e como solicita unanimemente o sector pesqueiro. E propoñemos volver ao consenso que se conseguiu aquí no ano 2009 para “declarar a Galiza como zona libre de eólica mariña”, concluíu.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...