O BNG emenda a totalidade dos orzamentos de Ribeira e pide diálogar para sacar proxectos positivos adiante

14 Abril 2023

O grupo municipal do BNG anunciou hoxe a presentación dunha emenda á totalidade para mellorar o proxecto de Orzamentos do 2023 presentados “unilateralmente polo Partido Popular”. Na emenda solicitan a devolución do proxecto de Orzamentos de 2023 para consensuar unhas novas contas cos grupos da Corporación onde tamén teñan voz as asociacións e colectivos do municipio.

O voceiro, Luís Pérez Barral, informou que son as mesmas contas que decaeron hai tan só uns meses e que foron entragadas aos grupos municipais a menos de 6 días de que se voten. “O executivo local presenta as mesmas contas que decaeron en decembro sen dialogar nin consensuar nada e nós presentamos a emenda á totalidade por responsabilidade e tendendo a man para sacar proxectos fundamentais e positivos para Ribeira”.

O BNG móstrase moi crítico coa “ineficiente xestión” cun goberno “obsesionado con grandes obras que acaban tendo sobrecustos inasumibles mentres as prioridades da poboación quedan sen atender”. Pérez Barral asegura estar preocupado pola situación na que se vai deixar a Ribeira: “chegamos a isto pola irresponsabilidade do PP de tirar para diante sen escoitar a ninguén e por riba sabemos que bloquean pagos e entidades por intereses partidistas”.

Man tendida do BNG

Para os nacionalistas os orzamentos van en contra dos ribeirenses porque consolidan a subida de impostos, manteñen as privatizacións de servizos como a escola infantil, a xestión da auga e das depuradoras e esquécense de cuestións tan básicas como garantir o mantemento, o saneamento e a subministración de auga potable a vivendas que aínda carecen destes servizos.

“Pedímoslle ao goberno local que rectifique e sente a falar cos grupos, aceptando esa man tendida que lle ofrece o BNG para sacar adiante todo aquilo que suscite acordos e sexa positivo para a sociedade ribeirense” afondou Barral.

A emenda á totalidade do BNG é tamén unha alternativa orzamentaria ao proxecto unilateral do PP, con 5 grandes liñas: taxa de saneamento, tráfico e aparcadoiros, zonas verdes, atención ás parroquias e servizos públicos.

Logo da escandalosa suba da taxa de saneamento, o BNG considera unha prioridade rebaixar esta taxa con cargo aos Orzamentos 2023 para evitar prexudicar as economías familiares nun momento de tanta inflación. “A veciñanza non debe pagar as consecuencias dunha infraestrutura mal deseña e planficada polo PP” denunciou Barral.

En materia de tráfico e aparcadoiros, o BNG propón facer un estudo para desenvolver a circunvalación pola estrada de Xarás a Frións, o rescate do aparcadoiro do Centenario para ter unha xestión pública que garanta uns prezos baixos, mellora da iluminación, firme e seguridade dos aparcadoiros disuasorios e un plan de mellora do tráfico e fomento do transporte público e subvencionar o transporte público do estudantado de FP e Universidade. Tamén propoñen destinar 100.000€ para mellorar a seguridade e iluminación dos pasos de peóns.

Os nacionalistas propoñen aumentar os investimentos nas parroquias, garantir a conexión á internet, destinar 300.000€ a maiores na partida dedicada a mantemento e incrementar as zonas verdes. En materia urbanística propoñen fomentar a rehabilitación de vivendas e habilitar subvencións para a instalación de enerxías renovábeis en vivendas particulares e pequenas empresas que permitan aforros enerxéticos.

Para potenciar a economía propoñen aumentar o convenio coa Asociación de Empresarios de Ribeira mediante o que xerar emprego e dinamizar o comercio local, subir as achegas que se fan a asociacións sociais como AMBAR, AMICOS, A CREBA, FAIBEN, RENACER ou a Festa da Dorna. Tamén propoñen a subida dun 33% para asociacións culturais e case un 10% para clubs e entidades deportivas.

Por último, para reforzar os servizos e empregos públicos, o BNG inclúe a contratación de 9 policías locais que aumenten a seguridade, reforzar a brigada de obras e mantementos de infraestruturas con 4 persoas e establecer un mecanismo de participación veciñal nos Orzamentos destinados ás parroquias.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal mostra xa ao Valle-Inclán máis íntimo

A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa. O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...