O alcalde de Ribeira analizou as consecuencias que suporía para o concello seguir sen orzamento. O martes será tratado nun pleno extraordinario

14 Abril 2023

O vindeiro martes 18 as oito da tarde terá lugar un pleno extraordinario da Corporación de Ribeira para abordar o Orzamento Municipal de 2023 e, con tal motivo, o alcalde Manuel Ruiz compareceu en rolda de prensa para compartir as súas características.
Ruiz Rivas (quen explicou que dende que se presentou aos grupos as posibilidades numéricas existentes non recibiu ningún tipo de proposta ou suxestión ao respecto por parte dos mesmos) recalcou a súa convicción de que contar cun orzamento sempre é mellor que non telo. Ademais, avanzou que no caso de que as eleccións do 28 de maio conducisen a un cambio de goberno, o seu grupo non será obstáculo para que se poida modificar o documento que agora se somete a pleno.
“Se digo isto é porque considero que a situación de non ter presupostos é unha equivocación que lastra os intereses de Ribeira”, aseverou o alcalde, quen engadiu que o Goberno Local cumpre coa seriedade que lle pide o pobo de Ribeira, como se desprende de que a estas alturas o Concello non teña ningunha débeda extraorzamentaria, a diferenza do que acontece no ámbito cercano no que se teñen presentado expedientes extraxudiciais de crédito por valor de dous ou de tres millóns de euros para poder abonar gastos que aínda que tiñan que estar dentro do orzamento van por fóra.
Acto seguido enumerou as consecuencias que entrañaría seguir sen orzamentos:

 En primeiro lugar, subliñou que en gastos de persoal existe un desfase superior ao millón e medio de euros dende o 2021 (ano do último orzamento aprobado), que se corresponde cos incrementos salariais do 2 e do 1,5% do ano pasado e do 2,5% do ano en curso, así como da RPT, a carreira horizontal e 19 novos postos de traballo. “Non poderíamos cumprir cos compromisos que este mesmo Pleno adquiriu con as máis de 200 familias que traballan para o Concello.
 En segundo lugar, a recuperación do aparcamento soterrado do Centenario: “non se pode aprobar algo e logo non dar os medios para recuperar ese parking”, declarou.
 En terceiro lugar, poríase en perigo a continuidade do Servizo de Atención ao Fogar, ante a necesidade de sacar a contratación o contrato antes do 30 de abril. De non ser así, a empresa non tería a obriga de seguir prestando o servizo, un servizo máis de 400.000 euros máis caro do que era no seu momento, polo incremento de horas e polo custe da hora.  En cuarto lugar, a Escola Infantil Municipal, xa que a raíz do seu cambio a gratuíta xerouse un desfase de 100.000 euros. “Se non consignamos chegará un momento en que teremos que reducir ese número de prazas”, dixo.
 O quinto factor ten que ver cos deportes, un dos apartados no que máis se reduciu o orzamento no 2021 ao corresponder cun período de pandemia, e que provoca que a día de hoxe falten 10.000 euros para cumprir cos compromisos coa nova empresa de monitorado, o que poderia a obrigar a ter que reducir a actividade das escolas deportivas nos últimos meses.
 En sexto lugar, habería que prescindir dos servizos da empresa de mantemento contratada.
 En sétimo lugar afectaría a festas como as de Ribeira, xa que estarían suxeitas ás partidas do 2021, nas que non se podían reunir grandes concentracións de xente.
 Por último, no capítulo de investimentos hai sete actuacións cofinanciadas con fondos municipais que tampouco se poderían levar a cabo.
Entrando nos números, o orzamento proposto para 2023 elévase ata os 32.121.166 euros, a priori o segundo máis alto na historia aínda que en termos homoxéneos sería o primeiro.
Un dato que considerou relevante é o relativo ao axuste de amortización de débeda, situándose en niveis inferiores en 400.000 euros respecto ao inicio deste mandato no 2019.

Manuel Ruiz explicou que os gastos con respecto ao 2021 incrementáronse no 7,92%, por debaixo incluso da inflación a pesar da subida nos custes xeralizado e o incremento de diversos servizos como o Servizo de Axuda ao Fogar. Neste senso, a consignación na área de dependencia incrementouse en máis do 15% con respecto ao último orzamento aprobado;. Ademais, o orzamento social (axudas a clubs, deportistas, eventos deportivos, festas de interese social, cultural e gastronómico, asociacións de diversidade funcional, maiores, persoas en risco de exclusión, mozos e mozas, ou primeira infancia) elevouse nun 11,44%..
O que experimentou unha curva no sentido contrario son os custes do canon de SOGAMA a raíz da aplicación do canon unitario do 15%, que supón unha diminución de 100.000 euros con respecto a 2021.
No capítulo de ingresos, a Participación nos Tributos do Estado aumenta en 942.000 euros e as transferencias de capital (é dicir, os cartos procedentes doutras administracións para dedicalos a obra) suben un 181%.

Por outra parte, o Concello segue cumprindo o principio de estabilidade, cun superávit de máis de 1,7 millóns de euros. O total do capítulo de transferencias ascende a 10 millóns de euros e o de transferencias de capital, 7 millóns. En canto ás operacións de endebedamento, rexistraron unha rebaixa do 63% pese aos importantes esforzos que houbo que facer para cumprir coa parte municipal na recepción de fondos Next Generation.
Por último, revelou outros datos de interese, como a subida no 50% nas axudas de emerxencia, o financiamento de máis de 146.000 viaxes no transporte urbano, as máis de 100 familias ás que tamén se lles está axudando no transporte aos colexios concertados.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...