Marta Ojea presentou o poemario Veinte estaciones son cinco años nun ateigado Auditorio Valle-Inclán (A Pobra)

27 Abril 2023

Marta Ojea, lucense afincada na Pobra, adentrouse novamente no panorama literario con Veinte estaciones son cinco años. A obra afonda na esencia humana e como se suceden acontecementos e emocións nunha viaxe circular e infinita de igual maneira ca as estacións, pero sempre dende outra posición na experiencia vital de cada persoa.

A presentación efectuouse no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal na tarde deste 27 de abril, onde a autora estivo acompañada da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, quen se referiu ao poder da palabra “para captar momentos que pasan a formar parte do mare magnum da vida no que conflúen pasado, presente e futuro”, tal e como se constata neste poemario.

Felicitou tamén á autora pola súa habilidade na escrita despois do seu debut no verán de 2022 con Telegramas en cuarentena, polo que a edil incidiu na importancia de apoiar a produción literaria nas distintas fases de creación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.