Antón Luaces.- O Comisario europeo de Medio Ambiente e Pesca, Virginijus Sinkevicius, asegurou ao secretario de Estado do Mar do Goberno francés, Hervé Berville que non haberá prohibición de artes de fondo nas Áreas Mariñas Perotexidas nen en 2024 nen nen 2030. Polo tanto, o plan presentado pola Comisión non será “xurídicamente vinculante”.
O responsable francés dixo que “esta confirmación era fundamental porque as directrices da Comisión, de se aplicar en Francia, levarían ao cesamento total de grande parte da pesca costeira artesanal”. Falou tamén dos danos que causaría na captura da vieira na baía de Saint-Brieuc, ostra plana na baía de Quiberon, langostino e algas mariñas no mar que natural do mar de Iroise.
Este tipo de pesca, como é sabido, emprega ferramentas que están en contacto co fondo mariño e que, segundo Berville, “demostraron que é posible conciliar a preservación dos hábitats mariños coa actividade dos pesqueiros”.
Á vista do sinalado polos responsables de pesca franceses, compre preguntarse como España, que posúe unha máis importante frota que a francesa, non poido demostrar o memo ca os franceses, se ben hab ería que se preguntar asimesmo si é que non soubemos nós convencer á Comisión ou é que esta ten máis interese en atender as demandas de Francia que as de España.
Sexa como fose semella claro que hai unha evidente marcha atrás por parte da Comisión Europea que pode ter relación cos intereses franceses, pero que, de paso, beneficia á frota española, moito máis prexudicada ca dos veciños do nor-noreste peninsular.
O eurocomisario Sinkevicius explicou que “o Plan de Acción para a Pesca Sostible presentada pola Comisión Europea só ofrece orientación aos Estados membros”, polo que o diálogo “segue aberto”.
España e Francia son algúns dos países máis abertamente contrarios ao plan de Bruxelas para garantir a petición xurídica dos seus mares con ampliación das zonas mariñas protexidas do 12% actual ao 30%. Ambos os países advertiron do risco de desaparición da pesca de arrastre de se producir os niveis do plan. En calquera caso, con máis evidente prexuizo para as frotas españolas.