Manolo Ruíz presenta este xoves a súa candidatura para as Municipais de maio

18 Abril 2023

Ao igual que fai catro anos, o miradoiro do Malecón coas letras de Ribeira e a ría de Arousa ao fondo foi
o escenario elixido polo Partido Popular de Ribeira para tomar a súa foto de candidatura cara ás eleccións municipais do 28 de maio: unha lista formada por 27 persoas que será presentada en acto público este xoves 20 de abril, ás 20 horas, nas instalacións da Casa do Mar.

Manuel Ruiz explicou que son 27 homes e mulleres, pero que detrás hai moita máis xente e que cando se confeccionou a lista percibiron unha gran receptividade. “Creo que é unha das mellores listas que xamais tivo Ribeira presentando a unhas eleccións locais, o que dá ánimos para traballar polo que Ribeira necesita nestes momentos, que é unha maioría sólida”, declarou: “Ribeira non pode quedar atrancada cando temos os medios e recursos suficientes para seguir avanzando moito máis deprisa que calquera concello da bisbarra e diría que de Galicia”, engadiu.

Ademais, afirmou que na candidatura popular danse as tres connotacións desexables en calquera lista: representación de todas e cada unha das, e ademais parroquias con xente significativa dentro de cada unha delas; representación de todos os ámbitos da sociedade (económico, deportivo, industrial, social, pesqueiro, do comercio, etc.); e unha preparación e formación importante nos seus integrantes, o que os acredita para dirixir e xestionar un Concello con solvencia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...