“Loita xudicial para salvar dos aeroxeradores mariños a pesca e os ecosistemas”. Antón Luaces

29 Abril 2023

Os promotores do Manifesto de Burela contra os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) non queren deixarse levar pola corrente como esta levou sempre ao camarón que se durme. E por non querer no  admiten nen sequera o Real Decreto 150/2023, de 28 de febreiro, polo que foron aprobados eses plans que cito e que contemplan o despregamento da eólica mariña en cinco demarcacións das costas españolas. 

Para que sexa así, os promotores dese Manifesto de Burela presentaron esta semana un recurso contencioso administrativo contra o devandito Real Decreto que senta as bases da que cualifican como “loita xudicial” para “salvar a pesca e os ecosistemas” seguindo a vía política e de resposta cidadá nunha mobilización contra “ese” tipo de eólica mariña. Porque o sector pesqueiro  acepta as enerxías renovables “pero non así”, non como as queren as grandes eléctricas co obxectivo de incrementar os seus xa moi grandes beneficios a costa, desta vez, de ocasionar graves perdas socioeconómicas nun sector -o pesqueiro- que non podería vivir baixo os xigantescos viraventos que se pretenden “asentar” no mar e, máis en concreto, nos mellores caladoiros de pesca para os barcos artesanais. 

Non, os mariñeiros, as súas familias, as súas industrias, os seus pobos e vilas non  queren ser soxulgados por unha enerxia que non xera beneficios á vida dos traballadores e sí esclusiva rendibilidade económica aos que xa están afeitos a amasar beneficios sobre beneficios cando a estes non chegan. nin  en soños, os que reclaman vida onde se lles brinda morte: a dos peixes que son  para, dentro dun orde, pescar e dar vida aos seres humanos, e non esclusivamente engordar a conta de resultados dos que, ao remate, acabarán chamándose Andana cando xa non haiba que pescar.

Diante do previsible impacto  dos POEM o que realmente importa é a defensa do sector pesqueiro e do medio ambiente mariño, e non esclusivamente desde unha formulación ecoloxista (que tamén). De aquí que a Plataforma  e Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños en colaboración co Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña (UDC) teñan materializada a súa alianza coa sinatura dun convenio de cooperación que tente avanzar cara obxectivos comúns nos eidos académico, científico e cultural.

Interesa coñecer os efectos que pode ter a instalación da enerxía eólica na plataforma continental sobre os recursos mariños e sobre a pesca; o alcance, contido e efectos dos POEM en zonas de alto potencial para a enerxía eólica  e as accións a levar a cabo para protexer os intereses do sector pesqueiro. Cando se teñan e valorfen estes datos, o mar e a pesca poderán seguir a ser a despensa da que todos podamos vivir e convivir cos xigantescos muiños que non  triturarán os soños de milkleiros de homes e mulleres cuxas vjudas dependen únicamente de saberen deseñar un futuro unha vez aprendido o presente.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.