“Galicia ten máis auga da que tiña hai un ano, pero o resto do Estado está seco” – Antón Luaces

26 Abril 2023

O Goberno vén de anunciar que pechará todos cantos pozos ilegais existen en Doñana. Pola contra, o presidente de Andalucía, Moreno Bonilla, insiste en ampliar o regadío, negándose a retirar a lei de regadíos de Doñana malia as advertencias ao respecto de Bruxelas. A Federación Nacional de Comunidades de Regantes de España (FENACORE) reclama un pacto de Estado pola auga para loitar contra a seca. E Galicia cala,como se non fora nada disto con ela; Galicia ten, agora mesmo, unha reserva hidrolóxica (ou auga embalsada) de 2.544 hectómetros cúbicos (o 78,01% da súa capacidade de embalsamento, que é de 3.220 hectómetros cúbicos). En relación ao ano pasado, en Galicia hai un 22% máis, e un 79% máis ca na mesma semana da media de vai 10 anos.

Con estes datos na man, os negacionistas terían argumentos para dicir que non existe problema, mais o certo é que a seca afecta de xeito evidente á Península Ibérica -con consecuencias tamén para parte da Comunidade Autónoma galega- o que realmente resulta preocupante todo este cúmulo de circunstancias.

Para corrixir informacións que pretenden desmentir o que semella evidente (os efectos da seca) vai un dato contrastado: a temperatura media mundial subiu o ano pasado nun 1,15 graos centígrados verbo do promedio do período preindustrial (1850-1900) entre 2015 e 2022, cos oito anos máis cálidos na Terra des que comezaron os rexistros.

Un informe que recolleu a axencia Europa Press sinala que 2022 foi o quinto ou sexto ano máis cálido a nivel global (tamén o máis caloroso na historia en España e Europa) malia un episodio triplo de “La Niña”, fenómeno que, como é coñecido, provoca arrefriamento.

As ondaxes de calor, sen precedentes, rexistradas en Europa o pasado verán, deixaron un exceso de mortalidade de máis de 15.000 persoas entre España, Alemaña, Reino Unido, Francia e Portugal. No leste, China rexistrou a súa onda de calor máis extensa e duradeira de mediados de xuño a remates de agosto. E o informe “Estado do Clima Mundial 2022” da Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) explica que secas, anegamentos ou ondas de calor afectan a cada vez máis zonas e como os seus custos económicos e sociais son cada vez maiores.

A ausencia de choiva é a tónica dominante nos últimos tempos non só en España senón en toda Europa, e á pregunta sobre se é posible un cambio de tendencia e, de ser así, cando se producirá esta, o hidroxeólogo do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, Bruno J. Ballesteros, sinalou Antena 3 TV. que os períodos de seca “duran tres anos. A boa nova é que realmente xa levamos desde maio do ano pasado” o que permite pensar optimístamente en que “só” queda un ano deste periodo.

É sabido que a seca trae como consecuencias a diminución da produción agrícola e da capacidade de carga do gando, malnutrición, deshidratación e enfermidades relacionadas: fame, debido á perda dos cultivos alimentarios.

Das secas que se rexistran, a meteorolóxica -debida á ausencia ou escaseza de precipitacións durante un período determinado de tempo; a agrícola, que afecta máis aos cultivos, que se pode definir por unha actividade agrícola mal planificada, e a hidrolóxica, que se produce cando as reservas de auga da zona están por baixo da media debido á falta de choivas ou á inaxeitada actividade humana, que moi ben pode ser o caso de Doñana  

Os encoros galegos están por riba do 90% da súa capacidade. Os do estado están ao 50,9%.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.