Formoso pide ao Goberno da Xunta que releve á conselleira do Mar e “asuma a negociación para acadar un acordo entre bateeiros e percebeiros”

13 Abril 2023

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, pediu este xoves 13 de abril ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “releve das súas funcións” á conselleira do Mar, Rosa Quintana, e que asuma “en primeira persoa o papel de interlocución entre os bateeiros e os percebeiros para acadar un acordo do que dependen case 3.000 empregos directos e ata 10.000 inducidos no conxunto da cadea mar-industria”.

Formoso compareceu en rolda de prensa en Santiago para facer balance do primeiro ano de Rueda como sucesor de Núñez Feijóo para dirixir a Xunta de Galicia. Nas súas palabras, o seu Goberno mostrouse “claramente ineficaz, insensíbel e inútil para a poboación galega”, pois antes das dificultades derivadas da guerra de Ucraína e da crise de prezos non se tomou “ningunha medida” por parte da Administración galega, máis aló das rebaixa selectiva en dúas autoestradas autonómicas.

Fronte a iso, contrapuxo o “catálogo de medidas promovido dende o goberno do Estado, que van dende liñas de avais a empresas ata a rebaixa das cargas tributarias na factura da luz, pasando polas bonificacións dos combustibles ou a implantación da gratuidade na mobilidade ferroviaria na media distancia”.

Referiuse de forma concreta ao conflito derivado pola extracción de semente de mexillón, que este mesmo xoves provocou unha manifestación dos bateeiros ante a sede da Xunta en San Caetano, da que falamos neste medio. Advertiu que “o sector mexilloeiro e os percebeiros levaban sesenta anos convivindo sen problemas” e sinalou que “foi a regulación levada a cabo pola propia Conselleira do Mar no ano 2019 a que acabou xerando un problema”.

É por iso que Formoso lle esixiu a Rueda que “releve das súas funcións á conselleira do Mar” e que “asuma en primeira persoa” a negociación cos percebeiros e bateeiros. Remarcou o líder do PSdeG que “hai moito en xogo neste asunto, pois son dos subsectores dos que dependen 3.000 postos de traballo directos e máis de 10.000 inducidos”. E engadiu: “Se algunha marca é galega é a do mexillón”, salientou, antes de insistir en que o presidente da Xunta debe poñerse á fronte da situación “hoxe mesmo”, e non seguir facendo “desleixo de funcións”.

Lembrou, asemade, que entre as decisión deste ano de Rueda á fronte da Xunta se anote a “oportunidade perdida” que tivo co orzamento máis expansivo da historia autonómica, debido a que o Estado incrementou en 1.500 millóns de euros a súa transferencia á comunidade. Puido aproveitar eses recursos adicionais, apuntou Formoso, para “igualar o investimento na atención primaria” coa media do Estado, pero “Rueda decidiu non acometer iso, e estámolo pagar con listas de agarda, xa coa folga de médicos en moitos hospitais”, dixo, e tamén con “manifestacións permanentes nos centros de saúde” de case toda Galicia.

Outros artigos

O Concello de Ribeira incorpórase á directiva do GALP Ría de Arousa

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa renovou recentemente a súa directiva. Este cambio supón a incorporación do Concello de Ribeira ao equipo responsábel desta asociación a través da Concellería de Mar. Para o seu titular, o edil Fernando...

+

Arde por completo un barco pesqueiro atracado no peirao de Camariñas

Logo da extinción, a embarcación acabou afundindo. Os servizos de emerxencias xa estenderan as barreiras anticontaminación para conter unha posible vertedura de combustible no mar. A las 10.15 horas, bombeiros de Carballo confirman o afundimento do pesqueiro.Ás 2.13...

+

Identificadas as candorcas que entraron na ría de Arousa

O Grupo de Traballo Orca Ibérica-GTOA identificou as catro candorcas que este luns 2 de agosto pola tarde entraron na ría de Arousa. As imaxes foron tomadas por Kari Korhonen a bordo do barco CHASULA durante un programa de observación de aves mariñas.  Os exemplares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...